As actividades na rúa arrincaron esta semana e desenvolveranse ata o 2 de setembro, de luns a xoves, das 17:30 ás 18:30 horas.
Impartiranse os luns e mércores na Praza do Castiñeiro, Praza Viana do Castelo, Praza de Augas Férreas, Parque da Avenida das Américas e Praza de Santa María.
Os martes e xoves terán lugar na Praza das Illas, na Praciña da Igrexa, Praza Roxa, Praza da Milagrosa e na Praza do Camiño Primitivo.
- Tema

O goberno de Lara Méndez, a través da concellería de Benestar Social, que dirixe Olga López, leva de novo ás prazas da cidade o programa de envellecemento activo ‘Lugo móvese cos maiores’ “por segundo ano consecutivo tras o éxito do pasado 2021” apuntaba a rexedora ao tempo que animou á participación durante esta nova edición.
‘Lugo móvese cos maiores’ é unha iniciativa contemplada no programa municipal de animación sociocultural, onde se levan a cabo actividades pensadas para atender demandas e necesidades, tanto físicas como emocionais deste colectivo adulto. Máis de 800 persoas gozaron desta programación na pasada edición
“A programación busca implicar de forma activa ás persoas maiores para contribuír á mellora do seu benestar físico, psíquico e social, uns obxectivos que se reforzaron por mor da pandemia por Covid-19” sinalou a rexedora. Neste senso, animou a participar e a realizar exercicio físico, de forma grupal e segura, fomentando así a socialización entre a poboación maior de 65 anos dunha maneira saudable un ano máis.
Estas actividades desenvolveranse ata o 2 de setembro, de luns a xoves, das 17:30 ás 18:30 horas nas seguintes prazas:
Martes e Xoves
- Praza das Illas (Montirón)
- Praciña da Igrexa (Sagrado Corazón)
- Praza Roxa (Fingoi)
- Praza da Milagrosa
- Praza do Camiño Primitivo (Fontiñas)
Luns e Mércores
- Praza do Castiñeiro (Lamas de Prado)
- Praza Viana do Castelo (Piringalla)
- Praza de Augas Férreas
- Parque da Avenida das Américas
- Praza de Santa María