A concelleira Paula Alvarellos destaca a importancia de obtención da información para que sirva de soporte á toma de decisións.
- Tema

A área de Gobernanza do Concello de Lugo, da que é responsable a concelleira Paula Alvarellos, moderniza as ferramentas de contabilidade analítica dos custes dos servizos públicos. “O obxectivo -sostén a edil- é mellorar a obtención da información necesaria sobre o custes das prestacións que ofrece a administración local para que sirva de soporte ás tomas de decisións.
Esta contabilidade é un dos instrumentos que permitirá optimizar a xestión dos recursos públicos e desenvolver un mellor seguimento dos obxectivos previstos nos orzamentos municipais.
Paula Alvarellos destaca, ademais, que outro dos obxectivos é ir ampliando os índices de transparencia da administración.