Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Gobernanza moderniza o análise dos custes dos servizos públicos para optimizar a xestión municipal

A área de Gobernanza moderniza o análise dos custes dos servizos públicos para optimizar a xestión municipal

A concelleira Paula Alvarellos destaca a importancia de obtención da información para que sirva de soporte á toma de decisións.

  • Tema
    • Economía
Martes, 20 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Gobernanza moderniza o análise dos custes dos servizos públicos para optimizar a xestión municipal

A área de Gobernanza do Concello de Lugo, da que é responsable a concelleira Paula Alvarellos, moderniza as ferramentas de contabilidade analítica dos custes dos servizos públicos. “O obxectivo -sostén a edil-  é mellorar a obtención da información necesaria sobre o custes das prestacións que ofrece a administración local para que sirva de soporte ás tomas de decisións.

Esta contabilidade é un dos instrumentos que permitirá optimizar a xestión dos recursos públicos e desenvolver un mellor seguimento dos obxectivos previstos nos orzamentos municipais.

Paula Alvarellos destaca, ademais, que outro dos obxectivos é ir ampliando os índices de transparencia da administración.  


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-gobernanza-moderniza-o-analise-dos-custes-dos-servizos-publicos-para-optimizar-xestion