Miguel Fernández visitou o Vivero de Empresas municipal, xunto ao edil de Dinamización Económica, nun momento no que hai 22 proxectos no CEI e outros catro no sementeiro.
O alcalde salientou a capacidade do centro “para favorecer o emprendemento, xerar novas oportunidades de negocios e contribuír a que o talento quede na cidade”.
Mauricio Repetto destaca “que se alcance este récord en canto á ocupación e tamén a diversidade das iniciativas, algo que beneficia e contribúe ao crecemento de Lugo”.

O acalde de Lugo, Miguel Fernández, acompañado do edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, visitiu o Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo (CEI-NODUS), unhas instalacións municipais que, na actualidade albergan a 26 iniciativas empresariais en diferentes fases de implantación, das cales 22 operan tanto desde o propio Vivero de Empresas como desde o coworking municipal, mentres que outros catro negocios se están a desenvolver no denominado semelleiro, tamén integrado no Cei-Nodus.
Estes datos supoñen un récord de ocupación destas instalacións municipais que son, segundo explicou o propio alcalde “todo un valor á hora de xerar emprego e de contribuír a que o talento quede na nosa cidade e tamén a captar o que vén de fóra”. Tamén o concelleiro responsable destas instalacións municipais, Mauricio Repetto, chamou a atención sobre outra cualidade igualmente importante dos viveros de empresas: “a diversidade das distintas iniciativas que se están a implementar desde o CEI-Nodus é unha gran vantaxe para o crecemento de Lugo; un progreso que afecta a diferentes sectores o que redunda nun mellor posicionamento empresarial”.
De feito, desde a área de Dinamización Económica sinalan que na actualidade hai 22 empresas no vivero e no coworking do CEI-Nodus e catro iniciativas empresariais no sementeiro, que traballan para a implementación de negocios que se atopan en diferentes fases e que pertencen a sectores tan diferentes como a tecnoloxía, a alimentación, a saúde, o hotelero, a moda sostible, o turismo e a cultura.
Estas empresas en ciernes contan coa axuda da área de Dinamización Económica para cuestións xurídicas, asesoramento técnico, solicitiude de subvencións, presentación de trámites burocráticos ou outro tipo de prestacións necesarias para a posta en marcha dunha empresa. Desde a súa posta en funcionamento, en novembro de 2004, preto de 130 empresas estiveron instaladas nestas dependencias municuipais, onde recibiron asesoramento máis de 230 emprendedores. A posta en marcha destes novos negocios supuxo segundo comenta o alcalde de Lugo “a creación de máis de 600 empregos, ao tempo que permitimos que o talento, ben de Lugo ou de fóra, quede na nosa cidade, brindando a oportunidade de que a xente poda quedar en Lugo e desenvolver aquí o seu proxecto de vida”.
Pola súa banda, o Concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, sinalou que “non só é importante esas máis de 130 empresas postas en marcha neses anos nin os máis de 600 postos de traballo que supuxeron, senón que estamos a falar de firmas desenvolvidas con éxito”. Neste sentido apuntou que “temos unha porcentaxe de supervivencia por riba do 75 por cento, o que significa que o modelo posto en marcha por este Goberno Local para apostar polo emprendemento e polo fomento da innovación, a través da implantación de novas empresas, está a tener éxito ”.
Audio
- O acalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre o viveiro de empresas | Descargar mp3

