O Concello de Lugo continúa a promocionar a Vía Künig como medio para favorecer a posta en valor do percorrido máis largo de Europa, dentro das rutas dos Camiños de Santiago

O alcalde asinou un convenio cos concellos de As Nogais, Becerreá, Baralla e O Corgo, polos que tamén pasa esta ruta, para impulsar a súa divulgación e mantemento.

Trala sinatura do acordo, Miguel Fernández destacou “os recursos culturais, patrimoniais e naturais deste itinerario así como o labor desenvolvida pola Asociación Vía Künig”.

O acordo permitirá achegar durante este ano e o que vén un total de 30.000 euros, aportados entre estes cinco concellos, para recuperar, mellorar e impulsar esta ruta”.

Xoves, 06 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo continúa a promocionar a Vía Künig como medio para favorecer a posta en valor do percorrido máis largo de Europa, dentro das rutas dos Camiños de Santiago

 O alcalde de Lugo presidiu esta mañá a sinatura dun convenio entre a Administración local lucense e os concellos de As Nogais, Becerreá, Baralla e O Corgo, co fin de darlle maior promoción á Vía Künig como medio para favorecer a posta en valor desta ruta cara a Santiago de Compostela, que percorreu o monxe alemán Hermann Künig a finais do século XV. Miguel Fernández destacou que “Lugo se suma a esta iniciativa para recuperar, manter e impulsar esta ruta, considerada o percorrido máis largo de Europa, e que conta ademais con importantes recursos culturais, naturais, patrimoniais e históricos que consideramos importante dar a coñecer”.

O convenio asinado hoxe permitirá destinar 30.000 euros, aportados en dúas anualidades entre os cinco concellos participantes, a actividades e accións coas que  recuperar, fomentar e potenciar esta ruta de peregrinación, a través de estudos, investigacións, creación de cartografía, documentación, limpeza, sinalización e promoción do itinerario.

Segundo o citado acordo, os concellos asinantes teñen competencias en materia de promoción da cultura, fomento do turismo, comercio e apoio ao tecido empresarial a través da potenciación, a recuperación e desenvolvemento da coñecida como Vía Künig, camiño de Santiago.

Neste sentido, o alcalde de Lugo lembrou que este itinerario “xa tivo un papel destacado no vídeo de promoción que á area de Alcaldía do Concello de Lugo realizou este ano na Feira Internacional de Turismo, Fitur, polo que con este novo convenio mantemos e reforzamos a nosa colaboración e implicación coa Asociación Vía Künig para contribuír a un maior recoñecemento desta ruta”.

Por último, o rexedor lucense sinalou que “gracias ao convenio asinado hoxe, estes cinco concellos unímonos continuar de xeito transversal coa recuperación, mantemento e promoción deste percorrido, que se ben é menos coñecido que o Camiño Primitivo, creo que é igualmente fascinante”.

Multimedia

  • O Concello de Lugo continúa a promocionar a Vía Künig como medio para favorecer a posta en valor do percorrido máis largo de Europa, dentro das rutas dos Camiños de Santiago
  • O Concello de Lugo continúa a promocionar a Vía Künig como medio para favorecer a posta en valor do percorrido máis largo de Europa, dentro das rutas dos Camiños de Santiago

Noticias relacionadas