O edil Miguel Fernández avanza que hoxe xa se estiveron realizando os traballos de limpeza e desinfección das instalacións, para que estean en perfecto estado para a súa reapertura.
A actividade realizarase en horarios de 12.00h a 14.00h horas e de 17.00h a 19.00 para rapaces de ata catorce anos e de 20.00 h. a 23.00 h. para adultos.
Será obrigatorio efectuar a reserva o día anterior, así como presentar o DNI e asinar unha declaración responsable do cumprimento das normas de protección.

O goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Deportes que dirixe Miguel Fernández, abrirá a partir do mércores, día 13 de maio, as pistas de atletismo de As Pedreiras así como as instalacións de tenis de Frigsa e O Palomar co fin de ir dando pasos en función da desescalada fixada polo Goberno central. “De momento, seguindo as pautas fixadas, abriremos aquelas instalacións deportivas ao aire libre, e para que a xente poida acudir de maneira máis protexida estamos xa desinfectando as dependencias e creamos un protocolo, que será de obrigado cumprimento”, sostén o edil del área.
Este protocolo inclúe o uso das instalacións por franxas horarias, con quendas de 50 minutos, segundo idades. Así, os rapaces de ata catorce anos poderán acudir de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas, e os adultos, de 20.00 h. a 23.00 horas. En todos os casos, haberá que efectuar a reserva o día anterior á realización da actividade a fin de garantir a seguridade e a protección dos usuarios.
No caso das pistas de atletismo, o aforo será de 30 persoas. No caso das pistas de tenis, so poderán xogarse partidos dun contra un. Ademais, tanto os baños como os vestiarios permanecerán pechados.
Para acceder á instalacións será preciso presentar o DNI así como asinar unha declaración responsable do cumprimento das normas de protección establecidas polas autoridades sanitarias, que será facilitada polo celador da instalación. No caso dos nenos e nenas, a declaración deberá estar asinada por algúns dos pais ou titor.
Miguel Fernández avanzou que esta mañá se estivo a traballar na colocación dos carteis con todas as medidas preventivas para os usuarios así como na desinfección das instalacións, que, como é habitual, realízase con produtos non nocivos para a saúde.
O edil lembra que, “independentemente das medidas de limpeza excepcionais levadas a cabo nas diferentes instalacións deportivas, convén actuar con responsabilidade, adoptando as medidas de hixiene e atendendo ás indicacións das autoridades sanitarias”.
Liñas telefónicas para solicitar a reserva:
- Pistas de atletismo de As Pedreiras: 982 297 310
- Pistas de tenis de Frigsa: 982 297 423
- Pistas de tenis de O Palomar: 680 560 148
- A través do 010
Audio
- O edil de Deportes, Miguel Fernández, sobre as instalacións deportivas | Descargar mp3
Documentos
- Declaración ADULTO | Descargar pdf
- Declaración MENOR | Descargar pdf