Maite Ferreiro: “VAIA VAIA é unha mostra cultural que propón explorar o traballo artístico de particulares e asociacións de xieto participativo e aberto”
VAIA VAIA desenvolverase a fin de semana do 21 e 22 de novembro na rúa Soto Freire e no Vello Cárcere

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto con representantes da galería de arte Solaina, o 1º Encontro de Fanzines e Autoedición VAIA VAIA, unha nova proposta cultural enmarcada na programación do último trimestre do ano 2020 que terá lugar a fin de semana do 21 e 22 de novembro. Maite Ferreiro explicou que “VAIA VAIA é unha mostra cultural que propón explorar e descubrir o traballo artístico de particulares e asociacións de xieto participativo, colorista, amable e culturalmente aberto e activo”.
”Durante dous días Lugo acollerá unha feira do fanzine e da autoedición, unha reunión pública e aberta a todas as persoas interesadas nas publicacións independentes e autoxestionadas”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “con esta iniciativa queremos abrazar o amateur e abrir as portas ás creadoras de Lugo que aínda non se deron a coñecer ou que nunca se atreveron a participar nun evento destas características”.
O punto de encontro principal de VAIA VAIA será o mercadiño de fanzines que se ubicará na rúa Soto Freire, e que contará con 20 artistas. Ao mesmo tempo, organizaranse distintas actividades para abarcar contidos que supoñan mergullarse na linguaxe da ilustración, a creación literaria, o grafismo e as artes visuais. Tamén se contará con distintas actuacións musicais para completar a programación do evento. “Todas as actividades serán de balde e seguirán os protocolos de prevención que vimos aplicando en todas as actividades culturais para garantir a Cultura Segura”, explicou Maite Ferreiro.
Programación
Sábado 21
- Rúa Soto Freire. Actuacións DJ´s; Riquita, Beta e Rivers Zeta e actuación do grupo Trinitá no Vello Cárcere.
- Conferencias; “Creando identidade a través de proxectos persoais” por Miguel A. Costa, “O que poida ser libre, non se cative” por Sofía Prósper e Gabino Vázquez no Auditorio do Vello Cárcere.
- Proxección do documental “Grapas” No Auditorio do Vello Cárcere.
- Obradoiro “Autoedición post-internet: Das impresoras ás pantallas” por Antonio Giradles.
Domingo 22
- Rúa Soto Freire. Actuacións dos DJ´s Dan Castellaneta e Toninja.
- Actuacións de “Grande Amore” e “Elba” no Vello Cárcere.
- Conferencias; “Presentando Raposeiras Editorial” e “Conversas Panameñas” con Carola Gelabert, Judith Corro, Victoria Rojo e Sol Moreno no Auditorio do Vello Cárcere.
- Proxección de Curtametraxes de animación “Reality” e “Buttwhy” no Auditorio do Vello Cárcere.
- Obradoiro para nenos “Coloreando as vangardas”.