Ana Abelleira, concelleira de Xuventude presenta a nova edición dos obradoiros do PREVILugo

Ana Gonzalez informa que “Todos os centros interesados en solicitar estes obradoiros ou en obter máis información poden facelo dende o momento da presentación na área de xuventude”

A concelleira destacou  tamén que está en funcionamento a nova web do  Servizo de Prevención de Drogodependencia: http://www.lugomasxti.org/

Xoves, 19 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Abelleira, concelleira de Xuventude presenta a nova edición dos obradoiros do PREVILugo

Ana Abelleira, concelleira de Xuventude presentou esta semana a nova edición dos obradoiros do PREVILugo. Trátase de talleres que o Concello de Lugo desenvolverá neste curso académico en distintos colexios e institutos e teñen como obxectivo a prevención, información e formación a través de programas de intervención socioeducativa.

Ana Gonzalez explica que se pretende “Ofrecer unha ferramenta de traballo para fomentar en valores como a igualdade ou a non violencia mediante catro sesións diferentes, dirixidas tanto ao alumando de ESO e BAC, e cada centro participante poderá solictar”

As sesións tratan temas de educación afectivo-sexual: que para dar a coñecer a anatomía fisiolóxica e a diversidade sexual natural das persoas; así como identificar as diferentes ETS e o xeito de previlas ou aprender a apreciar e respectar plenamente a diversidade sexual humana. Planificar adecuadamente o tempo de estudo, adquirir pautas para elaborar esquemas ou mapas conceptuais e coñecer técnicas coas que exercitar e aumentar a capacidade de atención, concentración e memoria. As novas tecnoloxías: facendo fincapé no móbil, redes sociais e xogos de apostas. O acoso: bulling: que se centrará en explicar o que é, os tipos de acoso, amosar datos estatísticos e dar a coñecer que facer en caso de atoparse nunha situación deste tipo.

Ana Gonzalez informa que “Todos os centros interesados en solicitar estes obradoiros ou en obter máis información poden facelo dende o momento da presentación na área de xuventude, no teléfono 982-297-269, ou ben no mail da técnico deste servizo”

A concelleira destacou  tamén que está en funcionamento a nova web do  Servizo de Prevención de Drogodependencia: http://www.lugomasxti.org/.  É unha nova web que busca converterse nunha ferramenta útil para os veciños e veciñas de Lugo en xeral, pero centra sobre todo a máis moza, en canto a ser un punto onde acudir para informarse en caso de dúbida no eido das drogodependencias, onde consultar actividades, etc...

Audio

  • A concelleira de Xuventude, Ana Abelleira, sobre a nova edición dos obradoiros do PREVILugo | Descargar mp3

Noticias relacionadas