Alsa apoia un ano máis ó Arde Lvcvs con descontos do 25 por cento para viaxar a Lugo entre os días 11 e 18 de xuño

Xoves, 30 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A empresa Alsa ratifica a súa colaboración co Concello de Lugo e en particular coa celebración do Arde Lvcvs e un ano máis ofertará descontos do 25 por cento no custo dos billetes para viaxar a Lugo entre os días 11 e 18 de xuño. A compra dos tíckets, coa citada rebaixa no prezo, poderá realizarse xa desde hoxe, día 30 de maio, ata o vindeiro día 18 de xuño, co obxectivo de impulsar a asistencia á festa romana e castrexa, desde calquera punto do país.

A páxina web de Alsa incluirá ao longo de hoxe este tipo de descontos para viaxes a Lugo durante esas datas, polo que os usuarios das liñas de autobús poderán beneficiarse desta promoción, para o que será necesario introducir o código ARDELUCUS24. Esta promoción é parte da colaboración público-privada na que traballa o Executivo de Paula Alvarellos ao longo do ano, e de xeito especial a Área de Xuventude, para incentivar a promoción e unha maior participación no Arde Lvcvs.

Noticias relacionadas