O Goberno incluirá esta partida na súa proposta orzamentaria, e serán os demais grupos da Corporación os que darán a súa conformidade ou non a estes presupostos cando se eleven a Pleno para o seu debate
Lara Méndez avanzou que non se presentarán recursos de casación ás 2 sentenzas do TSXG, "non por entender que non se seguiu a legalidade vixente, senón por entender que formalmente non hai motivos engadidos para o recurso de casación"
A rexedora manifestou "a total confianza" no labor dos técnicos municipais así como en todas as persoas implicadas, ao tempo que puxo enriba da mesa unha paradoxa, que a Xunta recoñecera unha edificabilidade á parcela e despois a propia Xunta lle negara a edificabilidade á mesma

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este mércores que presupostará 300.000 euros nos vindeiros orzamentos para restaurar a parcela onde se sitúa o Garañón e prever a demolición do edificio. O Goberno incluirá esta partida na súa proposta orzamentaria 2017, e serán os demais grupos da Corporación os que darán a súa conformidade ou non a estes presupostos cando se eleven a Pleno para o seu debate.
Ademais, a rexedora avanzou que non se presentarán recursos de casación ás dúas sentenzas do Tribunal Superior da Xustiza de Galicia sobre o proxecto de urbanización e a licenza da Unidade de Actuación CS5. Lara Méndez insistiu en que non se recurrirán ditas sentenzas, "non por entender que non se seguiu a legalidade vixente, senón por entender que formalmente non hai motivos engadidos para o recurso de casación".
O Goberno Local decidira contratar un informe xurídico externo a finais de xaneiro, motivado polos propios técnicos municipais, por ser eles mesmos partícipes en informes anteriores, cuxas conclusións lle trasladou hoxe a propia Alcaldesa aos voceiros dos distintos grupos políticos da Corporación.
As conclusións do informe son claras e acreditan que, despois da nova regulación do recurso de casación, non hai motivos suficientes para estimar dita casación, pois a lei, que cambiou, neste caso non se refire a ninguha xurisprudencia nin ningunha lei estatal, senón que se refire á Lei Autonómica do Solo. O informe externo pon de manifesto que o PERI vixente da CS-5 foi aprobado polo Concello e despois agregado ao PXOM, do que a competencia é estritamente autonómica, "e que polo tanto, este Concello reserva calquera responsabilidade de cara as medidas legais, tanto do propietario como da entidade local, para repercutirlle a responsabilidade a quen ou poida ter a competencia".
A rexedora manifestou en diversas ocasións "a total confianza" no labor dos técnicos municipais e en que a súa decisión foi a decisión máis oportuna e axustada a dereito tanto para o seu criterio como para o contexto en que se tomou; así como en todas as persoas implicadas. Do mesmo xeito, puxo enriba da mesa unha paradoxa, que a Xunta recoñecera unha edificabilidade á parcela e despois a propia Xunta lle negara a edificabilidade á mesma de maneira totalmente direccional en comparación con outros edificios.
Audio
- Lara Méndez, sobre o presuposto para prever a demolición do Garañón |Descargar mp3