Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa presupostará 300.000 euros para prever a demolición do Garañón

A Alcaldesa presupostará 300.000 euros para prever a demolición do Garañón

O Goberno incluirá esta partida na súa proposta orzamentaria, e serán os demais grupos da Corporación os que darán a súa conformidade ou non a estes presupostos cando se eleven a Pleno para o seu debate 

Lara Méndez avanzou que non se presentarán recursos de casación ás 2 sentenzas do TSXG, "non por entender que non se seguiu a legalidade vixente, senón por entender que formalmente non hai motivos engadidos para o recurso de casación"

A rexedora manifestou "a total confianza" no labor dos técnicos municipais así como en todas as persoas implicadas, ao tempo que puxo enriba da mesa unha paradoxa, que a Xunta recoñecera unha edificabilidade á parcela e despois a propia Xunta lle negara a edificabilidade á mesma 

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Orzamento,
    • Urbanismo
Mércores, 22 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa presupostará 300.000 euros para prever a demolición do Garañón

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este mércores que presupostará 300.000 euros nos vindeiros orzamentos para restaurar a parcela onde se sitúa o Garañón e prever a demolición do edificio. O Goberno incluirá esta partida na súa proposta orzamentaria 2017, e serán os demais grupos da Corporación os que darán a súa conformidade ou non a estes presupostos cando se eleven a Pleno para o seu debate.

Ademais, a rexedora avanzou que non se presentarán recursos de casación ás dúas sentenzas do Tribunal Superior da Xustiza de Galicia sobre o proxecto de urbanización e a licenza da Unidade de Actuación CS5. Lara Méndez insistiu en que non se recurrirán ditas sentenzas, "non por entender que non se seguiu a legalidade vixente, senón por entender que formalmente non hai motivos engadidos para o recurso de casación".

O Goberno Local decidira contratar un informe xurídico externo a finais de xaneiro, motivado polos propios técnicos municipais, por ser eles mesmos partícipes en informes anteriores, cuxas conclusións lle trasladou hoxe a propia Alcaldesa aos voceiros dos distintos grupos políticos da Corporación.

As conclusións do informe son claras e acreditan que, despois da nova regulación do recurso de casación, non hai motivos suficientes para estimar dita casación, pois a lei, que cambiou, neste caso non se refire a ninguha xurisprudencia nin ningunha lei estatal, senón que se refire á Lei Autonómica do Solo. O informe externo pon de manifesto que o PERI vixente da CS-5 foi aprobado polo  Concello e despois agregado ao PXOM, do que a competencia é estritamente autonómica, "e que polo tanto, este Concello reserva calquera responsabilidade de cara as medidas legais, tanto do propietario como da entidade local, para repercutirlle a responsabilidade a quen ou poida ter  a competencia".

A rexedora manifestou en diversas ocasións "a total confianza" no labor dos técnicos municipais e en que a súa decisión foi a decisión máis oportuna e axustada a dereito tanto para o seu criterio como para o contexto en que se tomou; así como en todas as persoas implicadas. Do mesmo xeito, puxo enriba da mesa unha paradoxa, que a Xunta recoñecera unha edificabilidade á parcela e despois a propia Xunta lle negara a edificabilidade á mesma de maneira totalmente direccional en comparación con outros edificios.  

Audio

  • Lara Méndez, sobre o presuposto para prever a demolición do Garañón |Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-presupostara-300000-euros-para-prever-demolicion-do-garanon

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/220217_alcaldesa-uacs5.mp3