Xoves, 17 de xuño de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este xoves na tradicional campaña de cuestación que organiza anualmente a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) para recadar fondos para distintas actividades.
Na xornada participaron tamén as concelleiras de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana Abelleira; Benestar, Inclusión e Mayores, Olga López e a de Igualdade e Muller, Silvia Alonso. A cuestación desenvolveuse ao longo da mañá en distintos puntos da Praza Maior e foron moitos os lucenses que realizaron aportacións económicas.