O alcalde visita aos tres becados nas residencias artísticas do Coliving Municipal do Carme, trala súa primeira semana de estancia

Acompañado polo edil de Dinamización Económica e responsable deste viveiro artístico, coñeceron as primeiras impresións destes tres creadores sobre o centro e a cidade.

Os primeiros días de estadía serviron para tomar o pulso a Lugo e deseñar a estratexia para avanzar nas súas creacións, que porán en valor o patrimonio rural e o Camiño.   

As dúas artistas e o artesán, procedentes de A Coruña, Cantabria e Ourense, valoran o espazo de intercambio do Coliving e os talleres individuais para desenvolver a súa obra.

Venres, 30 de xaneiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde visita aos tres becados nas residencias artísticas do Coliving Municipal do Carme, trala súa primeira semana de estancia

O alcalde de Lugo visitou esta mañá aos tres artistas seleccionados para a primeira edición das residencias artísticas do Coliving Municipal do Carme, despois dunha primeira semana de estancia nestas instalacións, nas que desenvolverán os seus proxectos artísticos ao longo de tres meses. Miguel Fernández estivo acompañado do edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, para coñecer as primeiras impresións destes tres creadores.

As artistas, Marta Cuba García e María Susinos Sancho, procedentes de A Coruña e Cantabria, respectivamente, e o artesán e creador Álvaro Corral Cid, de Ourense, conversaron co rexedor lucense e con Mauricio Repetto, explicándolles os primeiros pasos que darán para o desenvolvemento dos seus proxectos artísticos, cos que poñer en valor tanto o patrimonio rural lucense como o Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo. Neste sentido, Miguel Fernández salientou “o labor levado a cabo pola área de Dinamización Económica para a posta en marcha do que é o primeiro Coliving artístico municipal do país, nunha clara aposta polo emprendemento no arte e pola captación de talento, ao tempo que facemos promoción da cidade desde outra perspectiva”.

Pola súa banda, o concelleiro de Dinamización Económica e principal impulsor da recuperación e posta en valor da antiga casa do pintor Gómez Pacios, a través dun programa de fondos europeos, explicou que “agardamos que esta primeira residencia artística cumpra co propósito co que se creou o CAM; como un laboratorio de innovación artística, para que tamén a cultura e a arte, nas súas diferentes disciplinas, sexan motor de desenvolvemento sostible para o noso municipio”. 

Esta primeira edición da residencia do Coliving do Carme permitirá, ademais, “fomentar as sinerxías artísticas, culturais e profesionais entre diferentes persoas, disciplinas e iniciativas, ao tempo que se dinamiza o tecido social, empresarial e dos axentes culturais da nosa cidade”, sinalou Mauricio Repetto.

Os tres artistas becados para botar a andar este CAM realizarán outros tantos proxectos nos que mesturar diferentes disciplinas artísticas. De feito, as propostas presentan a creación dunha cancela artística nada da artesanía téxtil galega; unha intervención de pintura sobre teas de lino e unha instalación que une danza e bordado, todo elo co Coliving municipal do Carme como escenario principal.

O alcalde interesouse por estes tres proxectos que “ademais de promocionar a cultura e a arte, van a salientar as amplas posibilidades da contorna natural de Lugo, a nosa paisaxe e patrimonio rural e de xeito especial o Camiño Primitivo, que pasa xusto ao carón deste coliving municipal”. Tamén, quixo coñecer as primeiras impresións dos tres artistas da Coruña, Ourense e Cantabria sobre as instalacións nas que desenvolverán a súa obra ao longo dos próximos tres meses. Neste sentido, os creadores becados nesta primeira edición da residencia artística destacaron que pese á choiva e ao temporal, sentíronse moi a gusto durante esta primeira semana, nunha contorna que calificaron de “privilexiada e que pode contribuír moi positivamente ao proceso de creación”. Ademais, valoraron especialmente a posibilidade de crear sinerxías artísticas entre os tres proxectos e de convivir con outros artistas. “temos perfís que se complementan moi ven e que poden ser moi enriquecedores a nivel artístico”, sinalaron.

A próxima semana comezarán a desenvolver as súas propostas artísticas denominadas ‘Cancela Fermosista 01’, ‘Lluvia templada’ e ‘Venera’ e de xeito paralelo, a participar en diferentes actividades como charlas a escolares, encontros con outros artistas, actividades abertas ao público en xeral e actos con asociacións, aos que trasladar as liñas principais dos seus respectivos procesos creativos e artísticos.

Multimedia

  • O alcalde visita aos tres becados nas residencias artísticas do Coliving Municipal do Carme, trala súa primeira semana de estancia
  • O alcalde visita aos tres becados nas residencias artísticas do Coliving Municipal do Carme, trala súa primeira semana de estancia

Noticias relacionadas