Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa de Lugo participa na campaña de cuestación da Asociación Española Contra o Cancro

A alcaldesa de Lugo participa na campaña de cuestación da Asociación Española Contra o Cancro

  • Tema
    • Desenvolvemento local
Xoves, 17 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo participa na campaña de cuestación da Asociación Española Contra o Cancro

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este xoves na tradicional campaña de cuestación que organiza anualmente a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) para recadar fondos para distintas actividades.

Na xornada participaron tamén as concelleiras de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana Abelleira; Benestar, Inclusión e Mayores, Olga López e a de Igualdade e Muller, Silvia Alonso. A cuestación desenvolveuse ao longo da mañá en distintos puntos da Praza Maior e foron moitos os lucenses que realizaron aportacións económicas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-de-lugo-participa-na-campana-de-cuestacion-da-asociacion-espanola-contra-o-cancro