Aberto o prazo de inscrición nas prazas vacantes dos cursos de idiomas nas Casas das Linguas do Concello

Todas as persoas interesadas poden inscribirse en calquera das dúas Casas das Linguas ata o venres 23 de setembro de 08:30 a 15:00 horas

Luns, 19 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, informa de que está aberto ata o 23 de setembro o prazo de inscrición nas prazas que quedaron vacantes dos cursos de idiomas ofertados nas Casas das Linguas do Concello.

As Casas das Linguas, situadas na Estrada da Granxa e no Centro de Convivencia María Baleira, teñen prazas vacantes nos cursos para aprender inglés, alemán, francés e portugués. As persoas interesadas poden inscribirse nestas dependencias municipais no seu horario de apertura, que ata o 12 de outubro é de 08:30 a 15:00 horas.

Os alumnos que xa teñen realizada a súa inscrición, poden consultar a partir deste luns ás 15:00 horas a lista de admitidos nos distintos cursos que o Concello pon a disposición dos veciños empadroados en Lugo, ou daqueles que, sen estalo, traballen no municipio.

A información e os horarios están dispoñibles nas propias dependencias, a través do blog das Casas das Linguas, chamando ao ao 982 80 78 38, ou no teléfono de atención cidadá 010.

Noticias relacionadas