As persoas destinatarias son mozos e mozas de 16 a 40 anos, empadroados en Lugo. A inscrición farase ata o 10 de setembro a través do enderezo electrónico maisporti2020@lugo.gal
Estas actividades son de balde e enmárcanse na programación do +Xti

A área de Xuventude abre hoxe lunes, 7 de setembro, as inscricións para dúas actividades do motor, no marco da programación do +Xti, financiada polo Plan Nacional de Drogas. Trátase de 2 alternativas de balde: navegación 4x4 e autorrescate 4x4.
As persoas destinatarias son mozos e mozas de 16 a 40 anos, empadroados en Lugo.
As inscricións faranse ata o 10 de setembro a través do enderezo electrónico maisporti2020@lugo.gal, incluíndo no título do correo o número do curso, e no texto do mail: nome e apelidos, DNI/NIE, enderezo, teléfono e data de nacemento.
Non se admiten inscricións antes da data indicada. No momento da inscrición, tamén no corpo do mail, débese indicar o grupo no que inscribirse, en función das datas e horarios.
No que se refire ao curso de Navegación 4x4, terá unha parte teórica e outra práctica onde a persoa participante recibirá as nocións para desenvolver a condución 4x4 e nocións de navegación con rodamentos e coordenadas UTM, así como os rutómetros empregados neste tipo de probas. A parte práctica consistirá nunha ruta de navegación off road onde, en grupos e en vehículos 4x4, completarán un percorrido durante 4 horas, validando os puntos de interese.
GRUPOS |
DATAS
|
HORAS |
HORARIO |
PRAZAS |
LUGAR |
1 |
25-09-2020 (teórica)
|
8 |
de 16.30 a 20.30 |
12 |
Racing Wolf Sport
(Polígono Ceao) |
26-09-2020 (prácticas)*
|
de 10.00 a 14.00 |
||||
de 16.00 a 20.00 |
|||||
2 |
25-09-2020 (teórica)
|
8 |
de 16.30 a 20.30 |
12 |
Racing Wolf Sport
(Polígono Ceao) |
27-09-2020 (prácticas)*
|
de 10.00 a 14.00 |
||||
de 16.00 a 20.00 |
En canto ao de Autorrescate 4x4, o obxectivo é que os participantes coñezan e practiquen as técnicas de rescate e auto-rescate de vehículos cun todoterreo, con seguridade e eficacia. O curso é inminente práctico, de xeito que con vehículos 4x4 xeraranse diferentes situacións de rescate reais, en distintas áreas 4x4. Así, completaranse dúas rutas con situacións diferentes, completando 8 horas de adestramento en dúas rutas diferentes, unha pola mañá e outra pola tarde.
GRUPOS |
DATAS
|
HORAS |
HORARIO |
PRAZAS |
LUGAR |
1 |
19-09-2020
|
8 |
10.00 a 14.00 16.00 a 20.00 |
12 |
Racing Wolf Sport
(Polígono Ceao) |
2 |
20-09-2020 |
8 |
10.00 a 14.00 16.00 a 20.00 |
12 |
|
3 |
03-10-2020
|
8 |
10.00 a 14.00 16.00 a 20.00 |
12 |
Racing Wolf Sport
(Polígono Ceao) |
4 |
04-10-2020 |
8 |
10.00 a 14.00 16.00 a 20.00 |
12 |