O Goberno Local súmase á celebración do Día Internacional do Voluntariado en apoio aos 15 colectivos que integran a rede lucense

O acto, ao que asistiu a concelleira de Benestar Social e Maiores,  se desenvolveu baixo o lema “A Forza dun Pobo” para reivindicar a solidariedade e coa traxedia da Dana moi presente.

Xoves, 05 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno Local súmase á celebración do Día Internacional do Voluntariado en apoio aos 15 colectivos que integran a rede lucense

Membros do Goberno Local participaron esta mañá no acto polo Día Internacional do Voluntariado, que se celebrou fronte á Casa do Concello coa lectura do manifesto baixo o lema “A Forza dun Pobo”. Os organizadores do acto, as 15 asociacións e colectivos que integran a Rede de Voluntariado Lucense, contaron coa colaboración do Concello de Lugo para celebrar esta xornada, na que se puxo de manifesto a importancia da unión e da solidariedade para prestar axuda na nosa cidade, pero tamén noutros lugares, polo que se tivo un recordo especial á traxedia de Valencia a consecuencia da Dana.

Dinamizar a acción social e reforzar o traballo dos colectivos sociais a nivel local é unha das prioridades do Goberno Local e en concreto da área de Benestar Social e Maiores, o que levou, entre outras iniciativas, á creación da Oficina Municipal de Intermediación do Voluntariado para “prestar un soporte integral ao tecido asociativo lucense e canalizar todo o capital humano que atesoura Lugo e que está disposto a contribuír aportando a súa dedicación e o seu tempo na medida das súas posibilidades”, sinalou a concelleira Olga López Racamonde.

Para avanzar neste eido, desde Benestar Social e Maiores se está a “fomentar a participación, permitindo que moita xente se decida a contribuír nun momento no que é moi necesario reforzar ás asociacións de voluntariado, que están a facer un importante labor como quedou agora demostrado na traxedia da Dana”. López Racamonde puxo en valor o traballo destes colectivos, que contribúe dixo, “a unha sociedade máis inclusiva, máis xusta e onde todas e todos temos cabida”.

Multimedia

  • O Goberno Local súmase á celebración do Día Internacional do Voluntariado en apoio aos 15 colectivos que integran a rede lucense

Noticias relacionadas