Xuventude sortea 100 lotes de merchandising de Mulleres con Forza nas súas redes sociais para celebrar o 8M

Esta promoción terá lugar dende a publicación do primeiro post do sorteo o venres, 5 de marzo de 2021, e as persoas gañadoras publicaranse na mañá do día 9 de marzo

Poderán participar nesta promoción as persoas físicas, de entre 14 e 35 anos, á data da celebración da promoción, con residencia legal en Lugo (ou que estuden ou traballen no municipio)

Xoves, 04 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude sortea 100 lotes de merchandising de Mulleres con Forza nas súas redes sociais para celebrar o 8M

A Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Abelleira , anunciou que se sortearán 100 lotes de merchandising da marca Mulleres con Forza para celebrar o 8M. Será nas redes sociais oficiais de Xuventude de Lugo, concretamente en Instagram, onde se sortearán 25 lotes, Facebook (50 lotes) e Twitter (25 lotes).

Esta promoción terá lugar dende a publicación do primeiro post do sorteo o venres, 5 de marzo de 2021, e as persoas gañadoras publicaranse na mañá do día 9 de marzo.

Poderán participar nesta promoción as persoas físicas, de entre 14 e 35 anos, á data da celebración da promoción, con residencia legal en Lugo (ou que estuden ou traballen no municipio), que teñan un perfil de usuario real activo, non sendo en ningún caso válidas as nomeadas “contas concurso” e que sexan seguidoras da conta oficial de Xuventude de Lugo.m No caso de menores de idade, a organización comunica que será o pai/nai/titor ou titora os únicos responsables de controlar e asistir aos menores na navegación; non admitindo a organización ningunha reclamación ao respecto.

Neste certame pedirase aos rapaces ou rapazas, en función da rede social que escollan, que suban unha imaxe dalgún recuncho feminista de Lugo ou que deixen un comentario indicando unha frase feminista para loitar pola igualdade ou unha mensaxe con contido referente á igualdade sempre empregando o cancelo #MulleresConForza.  As bases desta promoción poden consultarse na páxina web do Concello, www.concellodelugo.gal.

O lote estará composto por unha bolsa de tea, un estoxo, un bolígrafo, un lapis, un bote de xel desinfectante e outro artigo, xa sexa o libro En Lugo sementamos igualdade, braga polar ou bidón -en función da rede social na que se participe-. Neste certame pedirase aos rapaces ou rapazas, en función da rede social que escollan, que suban unha imaxe dalgún recuncho feminista de Lugo ou que deixen un comentario indicando unha frase feminista para loitar pola igualdade ou unha mensaxe con contido referente á igualdade sempre empregando o cancelo #MulleresConForza.

Máis info

  • Bases Facebook (Lotes de merchandising da marca Mulleres con Forza) | Descargar pdf
  • Bases Instagram (Lotes de merchandising da marca Mulleres con Forza) | Descargar pdf
  • Bases Twitter (Lotes de merchandising da marca Mulleres con Forza) | Descargar pdf

Audio

  • A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Abelleira, sobre a marca Mulleres con Forza | Descargar mp3

Noticias relacionadas