Xuventude organiza “Basket na rúa”, unha actividade que fomenta os valores e o ocio saudable

O obxectivo da iniciativa, que se canaliza a través da Fundación Breogán, é crear un espazo ao aire libre que fomente a convivencia a través do deporte.

A praza Anxo Fernández e a praza da Milagrosa, acollerán esta actividade lúdica todos os sábados de abril, maio e xuño.

Mércores, 27 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude organiza “Basket na rúa”, unha actividade que fomenta os valores e o ocio saudable

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da concellería de Xuventude e Deporte que dirixe Jorge Bustos, presentou esta mañá a actividade Basket na rúa. Trátase dunha iniciativa de lecer saudable, enmarcada dentro programa de prevención de drogas +xti, que se levará a cabo en varios barrios da cidade ao longo dos tres próximos meses co baloncesto 3x3 como protagonista nas nosas rúas.

Deste xeito, a praza Anxo Fernández e a praza da Milagrosa, acollerán esta actividade lúdica todos os sábados de abril, maio e xuño. O obxectivo da iniciativa, que se canaliza a través da Fundación Breogán quen se encargase do seu desenvolvemento, é crear un espazo ao aire libre que fomente a convivencia a través do deporte e que permita a práctica e a formación deportiva no 3X3 nun ambiente de competitivididade sana.

“Con este programa poñemos ao dispor da nosa mocidade unha actividade que nos permite fomentar os valores do deporte á vez que logramos promover actividades de lecer contribúan a promover o compañeirismo e o traballo en equipo. Estamos seguros de que os mozos participantes poderán gozar da competición nun ambiente san e que nos axuda a combater de forma indirecta consumos que poidan derivar en adiccións”, sinalou Bustos no acto de presentación no que tamén participaron Salvo Arco, como representante da Fundación Breogán e Maximus, a mascota breoganista, así como técnicos do Servizo Municipal de Prevención de Drogas.

Basket na rúa repartirá premios entre os participantes cada semana. Ademais realizaranse sorteos de material deportivo. A iniciativa está dirixida a nenos e adolescentes de entre 10  e 16 anos de idade, así como ás súas familias, co obxectivo de dinamizar a convivencia interxeracional. Ademais, non será necesario realizar inscrición previa, xa que esta pódese facer o propio día da actividade con 30 minutos de antelación na carpa habilitada pola Fundación. As przas están limitadas a un máximo de 40 participantes. Ademais do deporte en si, faranse outras actividades como psicomotricidade, xogos, gymkanas etc.

“A prevención de drogodependencias e o fomento de bos hábitos da saúde son dous labores que o deporte nos axuda a potenciar. Neste sentido, desde o Goberno local procuramos sempre unir o tecido educativo, social, deportivo, lúdico e familiar, para estender da cultura do rexeitamento”, concluíu o edil.

Multimedia

  • Xuventude organiza “Basket na rúa”, unha actividade que fomenta os valores e o ocio saudable
  • Xuventude organiza “Basket na rúa”, unha actividade que fomenta os valores e o ocio saudable

Noticias relacionadas