A camiñada, que percorrerá sendeiros integrados nas sendas fluviais da cidade, pretende chamar á reflexión da mocidade sobre a importancia de proxer a natureza.
O guía local Guido Álvarez Parga será o encargado de conducir a actividade na que gozarán dun especial protagonismo os barrios da zona Muramiñae.
- Tema

A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, remata agosto cunha nova andaina pola sostibilidade, dirixida á mocidade do municipio. Concretamente, terá lugar este sábado, 29 de agosto, coa que, ademais, se aproveita para conmemorar a que sería a Semana Mundial da Auga, cancelada polo covid.
“En homenaxe a esa Semana Mundial da Auga percorreranse sendeiros e camiños moi relacionados con ela”, referiu a edil ao tempo que indicou que o guía local Guido Álvarez Parga, encargado de dirixir a actividade, acompañará ás e aos participantes nun itinerario que, por vez primeira nas #AndainasPolaSostibilidade, atravesará o histórico barrio do Carme.
Unha contorna seleccionada por ser aquí onde nace o Regueiro das Hortas, afluente do Miño, ao que se seguirá na súa senda polos barrios Muramiñae para logo adentrarse polas corredoiras das beiras do río, dende As Saamasas ata a zona do Colexio Galén, regresando ao punto de inicio a través de localizacións senlleiras da cidade que predispoñen á reflexión sobre a importancia de protexer a natureza e os recursos fluviais dos que dispoñemos.
A concelleira de Xuventude lembrou que o número de prazas para esta camiñada é de 25 e a hora de saída é ás 10:30 horas, no Parque Rosalía de Castro, diante do busto da escritora.
As mozas e mozos interesados en participar poden inscribirse a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta.
A participación en cada andaina, que é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición:
- Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar).
- Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do ontrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda).
- Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes.
- E, sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade.