A Xornada informativa sobre o leite que bebemos celébrase mañá no Centro Convivencia Fingoi

Martes, 28 de maio de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, en colaboración co Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, organiza unha nova sesión informativa sobre a calidade do leite , que terá lugar mañá, mércores, día 29 de maio, no Centro de Convivencia de Fingoi.

Esta Xornada, que se enmarca dentro das actividades de animación sociocultural, desenvolverase a partir das 18.30 horas e consistirá nunha charla seguida de coloquio, que se celebrará baixo o lema Sabemos que leite bebemos?

A Presidenta do Colexio de Veterinarios, Ana María López Pombo, será a encargada de informar aos asistentes das características do leite como alimento e as diferenzas existentes entre os diversos tipos de leite que se poden atopar no mercado. Ademais tamén se explicará o significado dos distintos símbolos que aparecen nos envases do leite.

O ciclo continuará o día 13 de xuño no Centro Convivencia María Balteira e o día 21 de xuño no Centro de Convivencia do Uxio Novoneyra.

En todos os casos a entrada é libre e gratuíta.

Noticias relacionadas