A VI Concentración Ancares Tuning Cidade de Lugo no que participarán máis de 100 coches celébrase esta fin de semana no Recinto de Feiras e Congresos

Venres, 09 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado polo Xerente da Fundación Feiras, Rubén López, e Óscar Gómez, en representación da organización, presentaron hoxe a VI Concentración Ancares Tuning Cidade de Lugo.

O Concelleiro de Deportes explicou que un ano máis se celebra este evento ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo debido ao aumento da participación, xa que se agardan máis de 100 vehículos que competirán nas diferentes especialidades. Ademais, Díaz Grandío, explicou que esta fin de semana as principais actividades deportivas realizaranse na zona do barrio da Ponte e no entorno do parque do Miño, “dando máis protagonismo a unha zona moi importante para Lugo”.

A VI Concentración Ancares Tuning terá lugar os días 10 e 11 de maio no Pazo de Feiras e Congresos e as inscripcións faranse o propio día. O horario da concentración será de 10.00 a 00.00, o sábado, e de 10.00 a 17.00, o domingo.  Os organizadores xa teñen confirmada a asistencia de participantes de Asturias, Castela e León, resto de Galicia e o Norte de Portugal, e incluso de Andalúcía.

Está previsto a entrega trofeos e haberá premios en categorías como o club máis numeroso, mellor pintura, mellor aerografía, coche máis lonxano, coche máis antigo, mellor multimedia, coche máis baixo (sen neumática), coche máis ancho (homologado), llanta XL, llanta máis pequena, alerón XL, top German, escape diesel e gasolina, coche máis cheo de tuners, lanzamento de llanta e top racing, ademais de que terá como novidade a semifinal española da proba de audio Spanish Tropic

Multimedia

Noticias relacionadas