VI Arde Lúpulus: a mellor cervexa artesá está de xoves a domingo na Praza Horta do Seminario

Carmen Basadre e Esteban Loureiro presentaron a cita, que ten como obxetivo principal fusionar a cervexa artesá coa comida de rúa e unha ampla programación de música, obradoiros para as e os máis cativos, catas ou charlas, creando así un espazo cultural diferente

Martes, 30 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
VI Arde Lúpulus: a mellor cervexa artesá está de xoves a domingo na Praza Horta do Seminario

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto ao presidente da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, Esteban Loureiro, presentaron este martes, na Sala de Usos Múltiples de Novas Tecnoloxías, a VI edición da Feira da Cervexa Artesá de Lugo-Arde Lúpulus, que terá lugar dende este xoves ata o domingo na Praza Horta do Seminario. Trátase dun evento de balde e organizado pola asociación a través do patrocinio da entidade local, co obxectivo de dar a coñecer este produto elaborado de xeito artesanal e profundizar na cultura que xira en torno a esta bebida.

Ademais, o Arde Lúpulus é unha cita de caracter familiar, que ten como obxetivo principal fusionar a cervexa artesá coa comida de rúa e unha ampla programación de música, obradoiros para as e os máis cativos, catas ou charlas, creando así un espazo cultural diferente. Tamén é a cita deste tipo máis consagrada en toda Galicia, tanto a nivel de vendas como de asistentes.

Durante o acto de presentación, no que tamén estiveron presentes outros artesáns, Carmen Basadre puxo en valor "aos nosos cervexeiros, que fan cerveza tradicional, esas bodegas que están na nosa cidade e en toda Galicia impulsando o sector emprendedor e dinamizando a actividade económica".

Pola súa banda, Esteban Loureiro agradeceu o apoio do Concello cunha nova edición do Arde Lúpulus, que nesta ocasión conta con 5 cervexeiros de Lugo, sendo a provincia que máis artesáns ten deste tipo; e que como novidade contará cun espazo de xogos populares de madeira para os máis pequenos, como a rá, pica peixe, a chave ou aros...

Preto de 70 tipos de cervexa

Ao longo destas 4 xornadas poderanse degustar preto de 70 tipos de cervexas artesáns de produtores tanto galegos coma outros chegados de diferentes puntos da península. Concretamente os produtores son os seguintes: Skynet (Ourense), Aloumiña (Lugo), Belecker (Ponferrada), Sorna (Lugo), The one beer (Portonovo), A Cova da Serpe (Lugo), Bubela (Lugo), Silvestres (Pontevedra), Nasa (Pontevedra), Castreña (León), Trisk-Ale ale (Uxes) e Domenicus (Lugo).

A entrada á feira é totalmente gratuíta pero para consumir esta cervexa artesá haberá que mercar o vaso conmemorativo da feira, onde se servirán as cervexas.

A programación

  • Xoves 2: ás 18:00 horas inauguración do festival; ás 18:30 horas apertura da xona de xogos populares e ás 21:00 horas, concerto a cargo do grupo de música local The Wireless. Ás 23:00 horas procederase ao peche do festival.
  • Venres 3: ás 12:00 horas apertura da feira; ás 12:30 apertura da zona de xogos populares, ás 13:00 horas sesión Beer-mú a cargo de Dj Kiko Ron e ás 23:00 horas, concerto a cargo do grupo de música local Wicked Word. Este día o festival pechará ás 12 da noite.
  • Sábado 4: un día máis ás 12:00 horas abrirá o festival e media hora máis tarde os xogos popualres. Ás 13:00 horas actuará Dj Mr Fishman e ás 20:00 horas haberá unha cata impartida por Mnau de la Tabla de Flandes. Ás 22:30 horas celebrarse un concerto e o Arde Lúpulus pechará á 01:00 horas.
  • Domingo 5: ás 12:00 horas apertura da feira; ás 12:30 apertura da xona de xogos populares, ás 13:00 horas sesión Beer-mú a cargo do Dj Popy García & Alex Nite. ás 17:30 horas celebrarse un curso de elaboración de cervexa artsá e ás 19:00 horas, obradoiros para nenas e nenos. O último toque musical poñerao, ás 20:00 horas La Cumbancha de la Martiniana. Antes de pechar o festival, ás 23:00 horas haberá un concruso sobre a mellor etiqueta, a mellor cervexa e a mellor FoodTruck, así como a entrega de premios.

Audio

  • A edil Carmen Basadre, sobre a VI edición da Feira da Cervexa Artesá de Lugo-Arde Lúpulus | Descargar mp3

Noticias relacionadas