Urbanismo traslada á Xunta de Goberno Local a concesión de catro licenzas

Mércores, 22 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Urbanismo traslada á Xunta de Goberno Local a concesión de catro licenzas

A área de Urbanismo trasladaba esta mañá á Xunta de Goberno catro licenzas urbanísticas para a súa aprobación.

Unha delas foi a rehabilitación nunha vivenda unifamiliar, sita no núcleo rural de O Cuco, orzamentada en 102.587’34 euros e cun prazo de execución de 20 meses.

Do mesmo xeito, autorizouse unha solicitude para acometer o revestimento exterior da fachada dun edificio da Avenida Alfonso X o Sabio, así como para mellorar a envolvente térmica do mesmo en 12 meses por un importe de 157.300’32 euros.

Ademais procedeuse a legalizar as modificacións realizadas nun inmoble da rúa San Xillao para a que tamén se acordou a demolición, cun custo de 284’40€, dun muro de 2 metros de altura e, por último, outorgouse licenza para a reforma interior dun piso na rúa Concepción Arenal, unha obra que dispón dun presuposto de 31.939’93 euros e de un ano para materializarse.

Noutro orden de asuntos, durante a sesión desta mañá o executivo acordou denegar a petición realizada pola Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia (Adicae Galicia) para ocupar un local na “Casa María Mariño” das Asociacións ao non cumprir esta entidade co requisito de ter un obxecto social coincidente cos obxectivos perseguidos dende os Servizos Sociais do Concello, segundo o disposto na bases xerais da convocatoria que regulaban o uso en precario destas instalacións.

Igualmente, o equipo de goberno procedeu ao cesamento da xefa do servizo de Persoal do seu posto de traballo.

Noticias relacionadas