Iniciativa posta en marcha polo Goberno de Lara Méndez para axudar a recuperar a demanda e reactivar a economía nestes sectores estratéxicos de Lugo durante o período de desconfinamento
Este curso online terá unha duración de 20 horas e os participantes obterán un diploma de Establecemento de Confianza
A formación dará comezo o luns 25 de maio, e as inscricións, totalmente de balde, permanecerán abertas ata o día anterior. Para participar os interesados deberán cubrir o formulario habilitado en https://bit.ly/3dKq5gW
- Tema

Últimos días para inscribirse no curso online, impartido por profesionais da medicina, a psicoloxía e a comunicación, co que achegar aos participantes as habilidades e coñecementos precisos para enfrontarse ao novo escenario post COVID-19 e obter o diploma de Establecemento de Confianza. Iniciativa impulsada polo Goberno de Lara Méndez dende a área de Desenvolvemento Local e Emprego, baixo a marca Lugo É Capital, que ten como obxetivo axudar ao comercio e á hostalería lucense durante o período de desconfinamento dentro dunha estratexia encamiñada a xerar confianza e seguridade entre clientes e provedores nun ‘Lugo Seguro’.
O curso dará comezo o luns 25 de maio, e as inscricións, totalmente de balde, permanecerán abertas ata o día anterior. Para participar os interesados deberán cubrir o formulario habilitado en https://bit.ly/3dKq5gW Trátase dun curso interactivo, de 20 horas de formación, con recursos audiovisuais e exercicios prácticos. Impartirase en liña, mediante unha plataforma de elearning, accesible desde dispositivos móbiles e que permite unha comunicación instantánea alumno-titor.
A formación, única en España conta cun elevado nivel de especialización para dar resposta ás necesidades derivadas da situación actual e vai dirixida a pequenos empresarios, autónomos, e demais persoal de comercios, hostalería ou hoteis e, de forma especial, aos traballadores que se atopan ou pasaron por un ERTE, cun obxectivo común: ofrecer seguridade e confianza para todos os axentes implicados na actividade da organización.
Entre outros temas, abordará aspectos relacionados coa prevención e a seguridade e saúde do persoal e dos establecementos. Pero tamén ensinará a afrontar desde un punto psicolóxico e emocional a nova situación de regreso ao traballo, así como a comunicación para trasladar aos clientes a máxima confianza en que poden acudir aos seus establecementos habituais pois o persoal está preparado para atendelos e porase a obrigada prevención en todas as tarefas.
Audio
- A alcadesa Lara Méndez, sobre as inscripcións no ‘Lugo Seguro’ | Descargar mp3