Seleccionados os establecementos participantes no VI Concurso de Tapas de Lugo

Venres, 20 de agosto de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Rematado o prazo de inscrición para participar no VI Concurso de Tapas de Lugo que organiza a Concellería de Turismo procedeuse a selección dos 40 establecementos participantes. Tal e como se recolle nas bases o criterio de participación é a orde de inscrición.

Os establecementos seleccionados para a categoría de Tapa Tradicional son:

ABRENTE
BODEGA TAPERIA 101 VINOS
CAFETERIA MUXICAS
CAFETERIA O POTE
CAFETERÍA XOLDRA
CASA D´AUGA
CERVECERÍA BACO
CURMANS
LAS CINCO VIGAS
O CURRUNCHO A NOSA TERRA
OS TILOS
PORTA DE SANTIAGO
PULPERIA O CASTELO
PULPERIA RESTAURANTE A ROTONDA
RESTAURANTE ANTAS DE ULLA
RESTAURANTE LA BARRA
RESTAURANTE TOSAR
RINCON DE SANTOS
TABERNA DO ESPAÑA
VINOTECA LA SUCURSAL

Os participantes na categoría de Tapa Creativa son os seguintes:

AMERICAN BAR
AVE CESAR
A XARRA
CAFÉ BAR BOLETUS
CERVECERÍA LUGO
COOK
EL RIBA
LA TAPERIA DE BACO
LA TOSCANA
MESON DA PELUSIÑA
MESON VINOTECA LUBRE
O LAR DE ADRIAN
PAZO DE ORBAN
RESTAURANTE CAMPOS
RESTAURANTE ESPAÑA
RESTAURANTE MANUEL MANUEL
RESTAURANTE PAPRICA
RESTAURANTE PARRILLADA ANTONIO
RESTAURANTE PARRILLADA SAVOY
TABERNA DANIEL

O concurso conta co patrocinio de Ribeira Sacra D.O., Gran Hotel de Lugo e Hotel Husa Puerta de San Pedro.

As tapas que se presentan a concurso serán elaboradas con produtos de calidade da nosa terra ben sexa seguindo a tradición da gastronomía galega ou as novas vangardas culinarias.

Cada un dos establecementos contará cun cartel identificativo co nome do local e da tapa coa que concursa; tamén disporá dunha urna e tarxetas para que os clientes poidan emitir o seu voto de valoración.

O público elixirá aos gañadores da Tapa Creativa San Froilán e da Tapa Tradicional San Froilán a través do sistema de votación popular, que se pode realizar de dúas maneiras: por votación directa na urna do local ou vía internet a través das webs www.lugo.es e www.lugoturismo.com.

Doutra banda, un xurado designado pola organización será o encargado de outorgar as outras cinco categorías de premios contempladas nas bases: 1º e 2º Premio de Tapa Creativa, 1º e 2º Premio de Tapa Tradicional e un Premio á Tapa que mellor maride co viño D.O. Ribeira Sacra ou que mellor use este elemento como ingrediente.

O concurso desenvolverase entre os días 11 e 26 de setembro incluídos e o público poderá degustar as tapas en horario de 13:00 a 15:30 horas e de 20:00 a 22:30 horas. O prezo da tapa estará comprendido entre 1 e 3 euros.

Os días 29 e 30 de setembro o xurado elixirá aos catro finalistas de cada categoría e será o 1 de outubro cando se coñecerán os ganadores do VI Concurso de Tapas de Lugo.

www.lugo.es/concursotapas (edición 2009)

 

Noticias relacionadas