Seis representacións conforman esta semana o programa das VIII Xornadas de Artes Escénicas

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Seis representacións de teatro terán lugar no que queda de semana dento da oitava edición das Xornadas de Artes Escénicas, organizas pola colaboración da Concellería de Muller e Benestar Social, a Escola de Arte e Lecer, o Colexio Fingoi e Palimoco Teatro.

Esta mostra foi creada para incentivar o teatro nos centros educativos, como un lugar de práctica e de ensino. Así, este ano participan un total de 14 grupos, que ofrecen 20 actuacións, todas elas no marco do Centro Social de Fingoi.

Estas actuacións están elaboradas para os grupos de escolares e abertas tamén ao público en xeral. Ademais, os actores conforman grupos entre os que figuran alumnos dende Infantil até Bacharelato de toda Galicia. Todas as obras son gratuítas e abertas a toda a a poboación.

Mañá, martes, o rapaces do Instituto Laboral de Ourense (Teatro Tarumba) porán en escea a obra “Mort”, a partir das doce e media. Ás catro será a vez do grupo de teatro do colexio Fingoi de terceiro de Educación Primaria, que representarán “O anel de Pirompiña”.

O mércores, ás once e media, actuarán os de quinto curso de Fingoi coa obra “Matilda” e o xoves, á mesma hora, os do Instituto de Guitiriz traerán a Lugo “Os premexentes non poden cos paxaros rebezos”.

Rematará a semana con dúas representacións. A primeira estará a cargo de alumnos do Instituto Leiras Pulpeiro, que escenificarán “A viaxe de Daniel”, ás once e media; e da Biblioteca Antas de Ulla con “O mago de Oz”, ás catro da tarde.

A semana próxima continuarán coas representacións, até remtar o día 13.

PROXECTOS

O novo paso que se pretende dar a continuación a organización deste festival é conseguir a creación dun circuíto teatral entre todos os grupos con actividade teatral e poder amplialo ao resto de concellos da provincia e tamén de Galicia.

Entre todos os grupos presentes nesta edición destaca, polo seu simbolismo, a presencia o día 2 do grupo Muxicas Once Teatro, formado por unha compañía de invidentes de Ourense, que representará a obra “A Voda”.

Ademais de teatro, nesta cita haberá tamén actuacións de baile e un certame de curtametraxes. A organización mantén aberto o prazo de inscrición para o participar neste festival.

Aínda que todos os centros educativos xa recibiron invitacións para asistir ou formar parte da exhibición, mantense aberto o prazo de solicitude de reserva de público para grupos de alumnos. Esta pode realizarse nos números de teléfono 982 221630 ou no 982 251536.

Noticias relacionadas