A sábado 26 de xullo terá lugar a segunda edición da Travesía do Miño a nado na área recreativa dos Robles

Mércores, 09 de xullo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, e o Presidente do Club Natación PortaMiñá Lugo, Fernando Timiraos, presentaron a segunda edición da  Travesía a Nado do Miño Cidade de Lugo que se celebrará o próximo sábado 26 de xullo dende as 17.00 na área recreativa de Los Robles.

Esta actividade que se finanza cunha subvención con fondos dos bens decomisados do Plan Nacional Sobre Drogas, é unha competición de augas abertas que puntúa para o campionato galego de natación. Haberá tres percorridos diferentes un Minius de 4.000 metros, outro de 1.500 metros e un percorrido no que poden participar calquera persoa, incluso con elementos de flotación, de 200 metros.

Díaz Grandío explicou que “a primeira edición tivo moito éxito e é unha boa maneira de aproveitar as ribeiras do Miño que nesta época está perfecto para este tipo de actividades”.

Os participantes estarán agrupados en Travesía 1500 metros e Minius de 4000 metros:
- Masculino e femenino nados nos anos 2002 a 2004. Menores travesía 1500 metros.
- Masculino e femenino nados nos anos 1999, 2000 e 2001. Mozos e mozas travesía 1500 ou 4000 metros.
- Masculino e femenino nados nos anos 1990 a 1998. Maiores travesía 1500 metros ou Minius 4000 metros.
- Masculino e femenino nados nos anos 1965 a 1989. Veteranos A travesía 1500 metros ou Minius 4000 metros.
- Masculino e femenino nados nos anos 1964 e anteriores. Veteranos B travesía 1500 metros ou Minius 4000 metros.

Para inscribirse poderán facelo ata o 18 de xullo a través da web www.championchipnorte.com

Para máis información chamar ao Club Natación PortaMiñá Lugo, 655870884 cnportamina@cnportamina.com

Multimedia

Noticias relacionadas