Rosana Rielo entrega os diplomas aos primeiros participantes das accións formativas do Tecnoloxíza-T

Martes, 11 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rosana Rielo entrega os diplomas aos primeiros participantes das accións formativas do Tecnoloxíza-T

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, entregou este martes os diplomas acreditativos ás preto de 150 persoas asistentes ás 10 accións formativas organizadas pola entidade local no Edificio de Novas Tecnoloxías no marco do Tecnoloxíza-T. Trátase da primeira quenda de actividades deste centro, de recente apertura, que incluíu cursos de trámites electrónicos coa administración, iniciación á informática, utilización de smartphones, internet segura para todos e todas, posicionamento web e seo, redes sociais, retoque fotográfico co teu smartphone, compra on line, venda on line ou creación de aplicacións móbiles, e que tiveron lugar dende o pasado 29 de maio ao 30 de xuño.

Durante a entrega de diplomas, Rielo felicitou a todas as persoas participantes e incidiu na importancia de formarse continuamente, así como de facelo especializándose en sectores en auxe, como pode ser o tecnolóxico.

Tras o éxito acadado nesta edición, dende a Concellaría de Concello e Cidadanía, dirixida por Rosana Rielo, xa se están a preparar novos contidos para vindeiras convocatorias. Nesta liña a edil animou ás persoas asistentes a estes cursos a aproveitar todas as oportunidades de formación e convidounos a estar pendentes dos novos obradoiros.

Noticias relacionadas