Rematan os cursos de cultura urbana organizados polo Concello

Martes, 10 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, asistiu hoxe á festa que puxo o punto e final aos cursos de cultura urbana organizados pola súa Concellería e que se veñen celebrando na casa da música dende fai meses as noites dos martes e mércores. Nestes talleres, uns 40 mozos e mozas puideron descubrir diferentes aspectos do hip-hop.

As rapazas e rapaces da cidade iniciáronse neste movemento popular e cultural a través dos cinco elementos que o conforman: o breakdance, o rap, a iniciación radiofónica, graffiti e D.J.

Nesta festa os participantes no curso deron boa mostra do aprendido ao longo dos últimos meses na Casa da Música. Ademais, os monitores dos cursos tamén participaron activamente na clausura ao realizar unha pequena exhibición das súas capacidades.

Noticias relacionadas