Remata o curso de Iníciate á fama organizado polo Concello de Lugo

Venres, 30 de maio de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dende o 5 de abril, o Servizo Municipal de Drogodependencias da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, ven realizando, baixo o título de Iníciate á Fama, unha actividade de baile destinada a mozas e mozos lucenses como unha alternativa de ocio para as tardes dos sábados.

Mañá, 31 de maio, as 50 rapazas e rapazes que participaron nesta actividade, realizarán baixo a coordinación dos profesores da escola de baile Star Dance, unha exhibición final a partir das 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Cada un dos grupos inscritos realizarán as súas coreografías de baile moderno, baile de salón, Hip-Hop. Baile clásico, funky, Aerobic-latino, e ritmos latinos. Para rematar realizarán unha coreografía grupal na que todos xuntos sairán a demostrar a súa valía como bailarines.

Noticias relacionadas