Recoñecidos profesionais do mundo do tenis participarán no foro gratuíto e aberto ao público, promovido polo Goberno do Concello e a Deputación de Lugo

Miguel Fernández, Pablo Rivera e José Antonio Pereiro presentaron este mércores a xornada na que participarán profesionais deste deporte e que terá lugar o 14 de outubro no Salón de Actos de San Marcos e nas instalacións do Club Deportivo D10

As persoas interesadas poden enviar os seus datos persoais e enderezo electrónico a info@fgtenis.net ou no 986 21 29 82. O prazo remata o 10 de outubro

A xornada contará con coloquios, charlas e actividades prácticas, da man de deportistas, adestradores, médicos ou presidentes de clubs de tenis de talla internacional

Mércores, 04 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Recoñecidos profesionais do mundo do tenis participarán no foro gratuíto e aberto ao público, promovido polo Goberno do Concello e a Deputación de Lugo

O Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, e o Presidente da Federación Galega de Tenis, José Antonio Pereiro, presentaron este mércores, nas pistas de tenis de Frigsa, o Foro do tenis. Trátase do coloquio, totalmente gratuíto, que organiza a Federación Galega de tenis co único apoio económico dos Gobernos de Concello e Deputación de Lugo, que achegan 3.500 euros. Reunirá a destacados xogadores, adestradores, médicos ou presidentes de federacións e clubs de tenis de talla nacional e internacional. O foro terá lugar o vindeiro 14 de outubro no Salón de Actos de San Marcos, e xornada práctica de tarde, nas instalacións do Club Deportivo D10. No acto, tamén participaron o Director do Club Deportivo D10, Leovigildo Real, que ceden as instalacións deportivas; e o Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero Méndez, única administración que non colabora coa cita.

Todas as persoas interesadas en participar poden enviar os seus datos persoais e enderezo electrónico a info@fgtenis.net ou no 986 21 29 82. O prazo para inscribirse está aberto ata o 10 de outubro. O número de prazas é de 165.

Miguel Fernández felicitou á Deputación e á Federación Galega por organizar esta xornada e lembrou que “o Concello de Lugo apoia e impulsa este deporte na cidade, por iso, as pistas de tenis municipais están abertas a todo tipo de xogadores, xa sexan profesionais ou afeccionados. Esperamos que este encontro de profesionais do mundo do tenis sexa un éxito, e deste xeito, poidamos celebrar moitos máis en Lugo”.

Pola súa banda, Pablo Rivera agradeceu a colaboración da Federación Galega de Tenis para poder organizar esta xornada e destacou que “é un privilexio poder contar a vindeira fin de semana na nosa provincia, concretamente na capital luguesa, con profesionais do panorama nacional e internacional no eido do tenis, ademais de ser unha oportunidade única, para todos os afeccionados a este deporte, de poder escoitar as experiencias, coñecementos e opinións de voces autorizadas, que conseguiron grandes logros no mundo tenístico”.

O Deputado de Deportes subliñou “que esta actividade enmárcase na aposta do Executivo Provincial por fomentar hábitos de vida saudables a través do deporte, ao tempo que impulsamos valores tan importantes na cidadanía como o compañeirismo, a solidariedade ou a competitividade, que abanderan e defenden todas estas personalidades que participarán no foro”.

Foro do tenis galego

Esta xornada, organizada pola Federación Galega de Tenis co apoio do Concello e a Deputación de de Lugo, contará coa presenza dos ex xogadores profesionais Alberto Berasategui, Javier Sánchez Vicario, o lucense Óscar Burrieza ou o Xefe dos servizos médicos da RFET e médico persoal de Rafael Nadal, Ángel Ruiz Cotorro, entre outros moitos profesionais deste deporte.

Programación de actividades

O Foro do tenis galego comezará no Salón de Actos da Deputación de Lugo cun horario de:

10:15 horas: Inauguración oficial e apertura do Foro tenístico.

10:30 horas: Modelos de xestión de clubs e federacións. Moderadas por Pailo Alonso Lois, xefe de deportes de La Voz de Galicia. Participarán:

- Presidente do Club Atlético Montemar de Alicante, José Pedro García Fernández

- Ex Presidente da Federación Navarra de Tenis, Mikel Aguirre

- Presidente do Sporting Club Casino Coruña, Juan José Medín Guyatt

- Presidente da Federación Riojana de Tenis, José Luis Térroba Gutiérrez

- Secretario da Federación Navarra de Tenis, Álvaro Sexmilo Ayesa

- Ex xogador e Presidente do Club Tenis Pontevedra, Ricardo Domínguez Munaiz

- Ex Secretario xeral Real Federación Española de Tenis, Antonio Jordá

12:00 horas: Descanso.

12:30 horas: Desenvolvemento da carreira dun xogador profesional. Participarán:

- Ex xogador profesional, Alberto Berasategui

- Ex xogador profesional, Javier Sánchez Vicario

- Xefe dos servicios médicos da RFET e médico persoal de Rafael Nadal, Ángel Ruiz Cotorro

- Fisioterapeuta do equipo español de Copa Davis, Luis Badal Ibañez

- Ex xogador profesional, Óscar Burrieza López

Xa pola tarde, terá lugar a parte práctica do foro no Club Deportivo D10, no Concello de Outeiro de Rei, cun horario de:

17:00 horas: Actividade práctica desenvolvida pola dirección deportiva da Federación Galega de Tenis.

18:30 horas: Actividades e charla a realizar pola ONG TennisAid.

Noticias relacionadas