Rapaces e rapazas de Aspnais recollen as medallas dos xogos romanos de taboleiro, como previa ao Arde Lucus

Martes, 28 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rapaces e rapazas de Aspnais recollen as medallas dos xogos romanos de taboleiro, como previa ao Arde Lucus

Os edís Jorge Bustos, Olga López Racamonde e Mauricio Repetto participaron esta mañá na entrega de medallas a catorce rapaces e rapazas de Aspnais, que tomaron parte nunha competición interna dos xogos romanos de taboleiro, organizados polo Concello de Lugo, a través das concellerías de Xuventude e Deportes e a de Benestar social. En días previos, monitores da escola Gravitty desenvolveron xornadas formativas para ensinar a dinámica destes xogos romanos aos usuarios de Aspnais, que despois competiron nun torneo interno, tal e como se leva facendo desde hai uns anos, e que serve ademais como previa á celebración do Arde Lucus.

O obxectivo destas probas é ofertar unha nova actividade lúdica e deportiva para os rapaces e rapazas da Asociación de Pais o Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual, incidindo sempre no carácter educativo, integrador e de ocio dos programas que desenvolve o Concello de Lugo, e neste caso, en colaboración con Aspnais. Jorge Bustos felicitou “tanto aos participantes como a os monitores que fixeron posible a competición e animou a Aspnais a solicitar ao Concello novas edicións en anos posteriores”.

Multimedia

  • Rapaces e rapazas de Aspnais recollen as medallas dos xogos romanos de taboleiro, como previa ao Arde Lucus
  • Rapaces e rapazas de Aspnais recollen as medallas dos xogos romanos de taboleiro, como previa ao Arde Lucus

Noticias relacionadas