Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rapaces e rapazas de Aspnais recollen as medallas dos xogos romanos de taboleiro, como previa ao Arde Lucus

Rapaces e rapazas de Aspnais recollen as medallas dos xogos romanos de taboleiro, como previa ao Arde Lucus

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Deportes,
    • Desenvolvemento local,
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos,
    • Accesibilidade,
    • Inclusión
Martes, 28 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rapaces e rapazas de Aspnais recollen as medallas dos xogos romanos de taboleiro, como previa ao Arde Lucus

Os edís Jorge Bustos, Olga López Racamonde e Mauricio Repetto participaron esta mañá na entrega de medallas a catorce rapaces e rapazas de Aspnais, que tomaron parte nunha competición interna dos xogos romanos de taboleiro, organizados polo Concello de Lugo, a través das concellerías de Xuventude e Deportes e a de Benestar social. En días previos, monitores da escola Gravitty desenvolveron xornadas formativas para ensinar a dinámica destes xogos romanos aos usuarios de Aspnais, que despois competiron nun torneo interno, tal e como se leva facendo desde hai uns anos, e que serve ademais como previa á celebración do Arde Lucus.

O obxectivo destas probas é ofertar unha nova actividade lúdica e deportiva para os rapaces e rapazas da Asociación de Pais o Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual, incidindo sempre no carácter educativo, integrador e de ocio dos programas que desenvolve o Concello de Lugo, e neste caso, en colaboración con Aspnais. Jorge Bustos felicitou “tanto aos participantes como a os monitores que fixeron posible a competición e animou a Aspnais a solicitar ao Concello novas edicións en anos posteriores”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/rapaces-e-rapazas-de-aspnais-recollen-medallas-dos-xogos-romanos-de-taboleiro-como-previa-ao