Publicada a listaxe definitiva da bolsa de emprego de traballadores sociais do Concello de Lugo con 130 persoas

O Goberno de Lara Méndez puxo en marcha estas bolsas de emprego co fin de crear listas de substitución en áreas municipais de moita demanda.

Luns, 31 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Publicada a listaxe definitiva da bolsa de emprego de traballadores sociais do Concello de Lugo con 130 persoas

O Concello de Lugo acaba de publicar na web (http://concellodelugo.gal/gl/bolsas-emprego) as listaxes definitivas das persoas incluídas na bolsa de emprego en réxime de traballador social, postas en marcha pola área de Gobernanza.

O Goberno de Lara Méndez puxo en marcha estas bolsas de emprego co fin de crear listas de substitución en áreas de moita demanda, co fin de non demorar trámites con motivo de baixas laborais, períodos vacacionais ou incremento puntual de labores puntuais en determinados meses ao ano. Esta medida súmase a outras xa impulsadas polo executivo, coas que se perseguiu efectivizar os recursos municipais en materia de persoal tales como a entrada en vigor da RPT ou a convocatoria da OPE 2020.

Paula Alvarellos, destacou o éxito desta convocatoria. “A día de hoxe hai máis de 130 persoas incluídas nesta listaxe en réxime de traballador social, que tamén pon de manifesto a necesidade de seguir a fomentar políticas activas de emprego para así incrementar a eficiencia e eficacia dos servizos municipais”.

As listaxes publícanse tras a resolución das alegacións presentadas en prazo. Agora, os participantes poderán interpoñer, no prazo de un mes contado a partires de maña, recurso de alzada ante este Tribunal Cualificador ou ante a Xunta de Goberno Local como órgano competente para resolvelo.

A bolsa de emprego que o Concello de lugo puxo en marcha incluía 42 categorías profesionais, tales como: Técnicos/as de Administración Xeral; Técnicos/as medio de Administración Xeral; Administrativos/as; Auxiliares Administrativos/as; Ordenanzas; Celador/a CEIP; Oficial Condutor/a; Oficial Condutor/a Maquinista Padexeiro/a; Oficial Conductor/a Mecánico/a; Monitor/a Educación Vial; Arquitecto/a; Arquitecto/a Técnico/a; Delineante; Enxeñeiro/a de Montes; Enxeñeiro/a Industrial; Enxeñeiro/a de Camiños Canles e Portos; Enxeñeiro/a Técnico/a Agrícola; Enxeñeiro/a Técnico/a Industrial; Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas; Mestre/a Electricista; Oficial Electricista; Oficial Albanel; Operario/a de Obras; Traballador/a Social; Educador/a Social; Animador/a Sociocultural; Oficial Cociñeiro/a; Axudante de Cociña e Limpeza; Traballador/a de Familia / Auxiliar de Fogar; Técnico/a Educación Infantil; Auxiliar de Biblioteca; Músico a (especialidades de frauta, clarinete, saxofón, fagote, trompa, trompeta, trombón, bombardino – tuba, piano, gaita e percusión); Celador/a Deportes; Oficial Lector/a; Oficial Fontaneiro/a; Operario/a Rede de Augas; Oficial Maquinista Fontaneiro/a; Analista Programador/a; Técnico/a Especialista TIC; Oficial Sepultureiro/a; Operario/a Cemiterio; Oficial Vixiante Recadador/a.

Noticias relacionadas