O alcalde valora posibles vías de colaboración coa FLC para paliar a falta de profesionais cualificados no sector

Miguel Fernández se referiu a unha maior cooperación entre a Fundación Laboral da Construcción e o Concello na súa visita ás instalacións do centro de formación.

Xunto ao alcalde estivo o edil de Movementos Migratorios, Waldir Sinisterra, quen informará á poboación migrante das posibilidades de empregabilidade que ofrece a FLC.

O rexedor estudiará a implicación do Goberno Local no convenio coa ONG Rescate Internacional, que en seis meses formou a 19 migrantes, dos que 16 están contratados.

Mércores, 25 de xuño de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde valora posibles vías de colaboración coa FLC para paliar a falta de profesionais cualificados no sector

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, valorará posibles vías de colaboración entre a Fundación Laboral da Construción e o Concello de Lugo, na súa primeira visita ás instalacións da citada fundación, o centro de formación e prácticas, que se instalou en Lugo no ano 2006, a raíz dun convenio coa Fundación San Calixto, constituída na década dos noventa para formar a traballadores do sector. O rexedor municipal estivo acompañado polo edil de Movementos Migratorios, Waldir Sinisterra, quen informará á poboación migrante das posibilidades de empregabilidade que ofrece a FLC a través de distintos programas. O alcalde fixo estas declaracións na reunión do padroado da Fundación San Calixto, da que forma parte o Concello de Lugo, celebrado hoxe nas dependencias do centro das Arieiras.

Este é unha das iniciativas coas que o Concello de Lugo quere paliar a falta de profesionais cualificados no sector, “facendo noso un dos obxectivos polos que traballa a APEC, xa que paliar esta falta de profesionais cualificados é unha forma de favorecer o emprego na cidade, axudar a un sector clave para o crecemento de Lugo e incentivar que a poboación migrante se asente na cidade e poidan desenvolver en Lugo o seu proxecto de vida”, sinalou o rexedor municipal. 

Na visita a estas instalación, Miguel Fernández estivo acompañado polo presidente da APEC e actual secretario da FLC en Galicia, José Manuel Rodríguez Espiñeira, con quen falou da posibilidade de desenvolver iniciativas conxuntas para formar empregados cualificados que traballen na construción, un sector que na provincia de Lugo está representado por unhas 800 empresas. Durante a reunión do Padroado da Fundación San Calixto púxose de manifesto o labor que se desenvolve desde este centro de formación, que desde o ano 2020 ata o pasado mes de abril formou a 3.225 persoas, dos que máis do 56 por cento fixéronlo en oficios propios do sector; un 39 por cento en seguridade e saúde Laboral e un 5 por cento en xestión. No informe do presidente do padroado, falouse doutras actividades enfocadas á mellorar a cualificación das persoas empregadas na construcción e tamén a cubrir a demanda de persoal cualificado, mediante por exemplo o departamento de Orientación Laboral desta fundación, que desde 2020 ata abril deste ano realizou preto de 5.500 entrevistas. Igualmente se fixo balance dos programas “Construyendo Empleo” e do Plan Integral de Emprego, que conta con algo máis do 73 por cento de inserción.

Máis información á poboación migrante

Trala reunión do Padroado e na visita ás zonas de prácticas preventivas, aos simuladores de riscos e aos distintos talleres e aulas de formación da FLC, se puxo de manifesto a posibilidade dunha maior colaboración entre o Concello de Lugo e dita fundación, mediante o programa que “ONG Rescate Internacional”. Desde a posta en marcha desta iniciativa, en novembro do ano pasado, formáronse 19 migrantes da citada ONG, que obtiveron as súas certificacións en revestimentos en construción, operacións de formigón e traballos en carpintería, logrando ademáis que 16 deles atoparan un posto de traballo, o que supón unha inserción laboral de máis do 84 por cento. O edil de Movementos Migratorios, Waldir Sinisterra, será o encargado de difundir e dar a coñecer entre a poboación migrante as posibilidades deste tipo de plans para acceder ao mercado laboral e formarse en profesións moi demandadas e con necesidade de mano de obra cualificada.

Multimedia

  • O alcalde valora posibles vías de colaboración coa FLC para paliar a falta de profesionais cualificados no sector
  • O alcalde valora posibles vías de colaboración coa FLC para paliar a falta de profesionais cualificados no sector

Noticias relacionadas