O alcalde preside o nomeamento de tres oficiais da Policía Local que se suman, por promoción interna, aos outros 14 con que conta o corpo

Trátase de tres axentes que levaban desde os anos 2020 e 2021 exercendo no corpo, que na actualidade conta cun total de 125 efectivos.

Luns, 21 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde preside o nomeamento de tres oficiais da Policía Local que se suman, por promoción interna, aos outros 14 con que conta o corpo

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu esta mañá o nomeamento de tres oficiais da Policía Local de Lugo, que se suman aos outros 14 oficiais cos que conta o corpo. Os tres axentes, que ascenden a oficiais por promoción interna, xa levaban exercendo no citado corpo desde os anos 2020 e 2021. Miguel Fernández, acompañado da voceira municipal e concelleira de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, presidiu o nomeamento dos tres axentes, nun acto no que tamén estiveron presentes o Intendente Xefe, Jesús Piñeiro, e o Inspector, José Manuel Río Espiño.

Durante a sinatura das actas que acreditan a estes tres policías como oficiais, o alcalde desexoulles sorte nesta nova etapa nun corpo que actualmente está integrado por uns 125 efectivos e que é “moi recoñecido e respectado na nosa cidade”. Ademais, Miguel Fernández sinalou que coa incorporación destes tres oficiais ao organigrama de mandos, a Policía Local sigue mellorando a estrutura interna do corpo o que tamén favorecerá o desenvolvemento do bo  traballo policial e con elo a seguridade de todos os veciños e veciñas de Lugo, que é o noso principal obxectivo”.

Noticias relacionadas