A alcaldesa de Las Palmas de Gran Canaria, Carolina Darias, asina no Libro de Ouro do Concello de Lugo

Darias destacou “a gran labor que está a realizar o goberno municipal e o seu alcalde para seguir mellorando a vida dos habitantes de Lugo”, poñendo como exemplo os avances na depuración das augas.

Miguel Fernández puxo en valor o intercambio institucional como unha oportunidade para “seguir tecendo alianzas e compartindo experiencias entre cidades”.

Xoves, 16 de abril de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Las Palmas de Gran Canaria, Carolina Darias, asina no Libro de Ouro do Concello de Lugo

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu na Casa Consistorial á alcaldesa de Las Palmas de Gran Canaria, Carolina Darias, quen asinou no Libro de Ouro do Concello durante a súa visita institucional á cidade, a segunda tras a realizada en 2022 como ministra de Sanidade.

A rexedora deixou constancia do seu recoñecemento ao traballo desenvolvido polo Goberno local, sinalando “a gran labor que está a realizar o goberno municipal e o seu alcalde, para seguir mellorando a vida dos habitantes de Lugo”. Así mesmo, Darias expresou “con cariño e con admiración” o seu interese por coñecer de primeira man os avances da cidade, especialmente no ámbito da depuración das augas, que cualificou como “un gran exemplo a seguir”.

Pola súa banda, Miguel Fernández agradeceu a visita e destacou a importancia de fortalecer a colaboración entre administracións locais, subliñando que este tipo de encontros “permiten compartir coñecemento e seguir avanzando en políticas públicas que melloren a calidade de vida da cidadanía”.

A xornada completouse co intercambio de agasallos institucionais entre ambas cidades, nun xesto simbólico que reforza os lazos de cooperación entre Lugo e Las Palmas de Gran Canaria.

Multimedia

  • A alcaldesa de Las Palmas de Gran Canaria, Carolina Darias, asina no Libro de Ouro do Concello de Lugo

Noticias relacionadas