O alcalde de Lugo preside o nomeamento de sete axentes que se suman desde hoxe ao corpo da Policía Local

Miguel Fernández, acompañado da edil de Cohesión territorial, destacou “o nivel de seguridade que distingue a Lugo, e que permite que sexa un lugar cómodo e tranquilo”.

Xoves, 06 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde de Lugo preside o nomeamento de sete axentes que se suman desde hoxe ao corpo da Policía Local

 O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu esta mañá a toma de posesión de sete novos axentes, que se incorporan á “Policía Local de Lugo, un dos corpos máis valorados e respectados pola cidadanía”, sinalou o rexedor municipal, quen tamén lembrou que “é precisamente o traballo e o compromiso deste corpo o que permite que Lugo se distinga polo seu alto grao de seguridade e por ser unha cidade cómoda e tranquila”.

Miguel Fernández, acompañado da voceira municipal e concelleira de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, presidiu o nomeamento deste sete policías, nun acto no que tamén estiveron presentes os inspectores da Policía Local Jesús Candal e Alberto Muñoz Heras. Durante a sinatura das actas, o alcalde desexoulles sorte nesta nova etapa, coa que “ademais avanzamos para dotar de máis efectivos ao corpo para desenvolver o traballo policial e con elo mellorar a seguridade de todos os veciños e veciñas de Lugo”.  

Multimedia

  • O alcalde de Lugo preside o nomeamento de sete axentes que se suman desde hoxe ao corpo da Policía Local

Noticias relacionadas