“Cada vez son máis frecuentes as incidencias en zonas verdes, rúas e vías de circulación, e a falta de actuación preventiva está a agravar o problema”, sinalou a voceira quen non descarta levar a cabo movilizacións se a situación continúa.
“Estamos a falar dun problema que afecta á saúde ambiental, á seguridade da cidadanía e a sectores económicos estratéxicos. A política de actuar só cando o problema xa é evidente non é unha solución, é unha mostra clara de desleixo”, afirmou.
A edil lembrou que xa en 2025 o Concello solicitou formalmente a adopción de medidas para facer fronte a esta problemática “sen que, ata o momento, se fixera absolutamente nada como demostra a presenza dun xabaril campando estes días libremente polo noso Centro Histórico”.

O Concello de Lugo reclama á Xunta de Galicia un reforzo urxente das actuacións no control da poboación de xabarís e da avespa velutina, ante o incremento das incidencias no municipio e a falta de medidas efectivas por parte do Goberno autonómico.” A neglixencia sobre este problema ten consecuencias directas na nosa economía, na nosa imaxe e por riba de todo na nosa seguridade”,a firmou Abelleira que recorda que se trata dunha competencia autonómica.
A voceira municipal, Ana González Abelleira, advertiu esta mañá de que “a situación actual é consecuencia directa da falta de planificación e de actuación por parte da Xunta”. A edil lembrou que xa en novembro de 2025 o Concello solicitou formalmente a adopción de medidas para facer fronte a esta problemática “sen que, ata o momento, se fixera absolutamente nada como demostra a presenza dun xabaril campando estes días libremente polo noso Centro Histórico. É inadmisible”.
González Abelleira alertou de que a presenza de xabarís en zonas urbanas e periurbanas é cada vez máis habitual, afectando tanto á seguridade cidadá como á viaria. “Levamos anos nunha situación similar sen que a Xunta mova un só dedo. Cada vez son máis frecuentes as incidencias en zonas verdes, rúas e vías de circulación, e a falta de actuación preventiva está a agravar o problema”, sinalou a voceira quen non descarta levar a cabo movilizacións se a situación continúa.
A voceira incidiu ademais en que o momento actual do ano resulta clave para actuar noutra das grandes ameazas ambientais do municipio: a avespa velutina. “Estamos nunha época idónea para a detección e control dos novos niños, e non se pode perder esta oportunidade por falta de planificación”, explicou.
Neste sentido, reclamou reforzar de maneira urxente os recursos destinados á eliminación de niños e establecer un programa de actuación continuo ao longo de todo o ano. “Non podemos seguir improvisando cada verán con medidas de emerxencia. É imprescindible unha estratexia seria, con dotación orzamentaria suficiente e planificación técnica”, engadiu.
A representante municipal denunciou tamén a situación do sector forestal, que está a sufrir un incremento notable das pragas que afectan a especies como o freixo, o carballo ou o piñeiro, cun impacto directo sobre a economía e o medio natural do municipio.
“Estamos a falar dun problema que afecta á saúde ambiental, á seguridade da cidadanía e a sectores económicos estratéxicos. A política de actuar só cando o problema xa é evidente non é unha solución, é unha mostra clara de desleixo”, afirmou.
Por todo isto, o Goberno local instará formalmente á Xunta de Galicia a aumentar os recursos humanos, técnicos e económicos destinados ao control de pragas, así como a desenvolver un plan de actuación “rigoroso, coordinado e sostido no tempo” que permita facer fronte á proliferación de xabarís, á expansión da avespa velutina e ás pragas forestais.
“Lugo non pode seguir esperando. Precisamos unha política ambiental seria, baseada na prevención e na responsabilidade, e non en parches puntuais cando a situación xa está fóra de control”, concluíu González Abelleira.
Audio
- Ana González Abelleira, sobre o control do xabaril e da avespa velutina | Descargar mp3

