A Xunta de Goberno Local impulsa novas medidas en materia de persoal, urbanismo e conservación do patrimonio

“Os acordos aprobados hoxe reflicten o modelo de cidade polo que traballa este Goberno: un Lugo máis dinámico, con servizos públicos reforzados, con máis investimento e actividade económica e cun patrimonio coidado e protexido”, sinalou González Abelleira.

Estre oturas medidas aprobouse o nomeamento dun Director Xeral de Recursos Humanos, a licenza para a costrución dun novo edificio de vivendas na praza de Bretaña e a intervención de forma subsidaria no edificio da Avenida da Coruña, 24.

Tamén se aprobou a bonificación das taxas urbanísticas e do ICIO para as obras de conservación da Muralla Romana correspondentes ao período 2025/2026, promovidas pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Mércores, 19 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Xunta de Goberno Local impulsa novas medidas en materia de persoal, urbanismo e conservación do patrimonio

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou esta mañá varios asuntos de relevancia que avanzan no fortalecemento dos servizos públicos, na mellora da seguridade urbanística e no impulso á actividade económica da cidade. Nese sentido, a portavoz municipal, Ana González Abelleira, destacou que os acordos aprobados hoxe “reflicten o modelo de cidade polo que traballa este Goberno: un Lugo máis seguro, con servizos públicos reforzados, con máis investimento e actividade económica e cun patrimonio coidado e protexido”.

En primeiro lugar, o Goberno local deu luz verde á adaptación das bases específicas das 12 prazas de bombeiros/as condutores/as, correspondentes ás últimas ofertas de emprego público. A actualización permite adecuar o proceso selectivo aos modelos utilizados noutras administracións, garantindo unha maior homoxeneidade e profesionalización. Segundo indicou a portavoz, “o obxectivo é que Lugo conte cun servizo de emerxencias moderno, ben preparado e capaz de responder aos retos actuais, reforzando así a seguridade da cidadanía”.

Así mesmo, na sesión desta mañá celebrada no salón de comisións da Casa do Concello aprovouse a contratación das obras de demolición parcial e reposición da cuberta do edificio situado na Avenida da Coruña, 24, unha actuación realizada por execución subsidiaria ao non asumir a propiedade os traballos necesarios. A intervención dispón dun prazo máximo de catro meses. Neste sentido, fonzález Abelleira puxo en valor que “este tipo de actuacións evidencian un urbanismo responsable, no que o Concello intervén cando existe risco ou deterioro, protexendo o benestar da veciñanza”.

Así mesmo, aprobouse o nomeamento dun Director Xeral de Recursos Humanos, que asumirá de forma transitoria o responsable da Asesoría Xurídica municipal. Esta figura permitirá dinamizar un servizo clave nun Concello da dimensión de Lugo. Para a portavoz e edila responsable deste área “a xestión de persoal é un ámbito enorme e complexo, e reforzalo é imprescindible para garantir unha administración áxil e útil para a cidadanía”.

No eido urbanístico, tamén saíu adiante unha nova licenza para a construción dun edificio de vivendas na Praza de Bretaña, 19, cun investimento superior aos 627.000 euros. O proxecto contempla sete plantas de vivendas, baixocuberta, trasteiros e prazas de aparcamento. Segundo González Abelleira, esta licenza “confirma, unha semana máis, o dinamismo do urbanismo lucense e a confianza da iniciativa privada, que ve en Lugo unha cidade atractiva para investir, crecer e xerar emprego”.

“O Concello está a demostrar que é posible gobernar con planificación, con rigor administrativo e cunha visión clara de futuro. Cada decisión que adoptamos busca mellorar a vida da veciñanza e consolidar un modelo de cidade máis moderna, máis eficiente e máis humana”, engadiu a voceira municipal.

Por último, González Abelleira destacou que se aprobou a bonificación das taxas urbanísticas e do ICIO para as obras de conservación da Muralla Romana correspondentes ao período 2025/2026, promovidas pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. A actuación, situada parcialmente no ámbito do Camiño Primitivo, permitirá continuar co mantemento dun dos bens patrimoniais máis valiosos da cidade.

Multimedia

  • A Xunta de Goberno Local impulsa novas medidas en materia de persoal, urbanismo e conservación do patrimonio

Noticias relacionadas