"Desexámosche moita sorte nesta nova etapa, estou seguro de que serás moi ben recibido pola comunidade educativa, coa que mantemos un diálogo permanente e que valorará sen dúbida esta incorporación", sinalou o alcalde.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu esta mañá o acto de toma de posesión de Marcos González Blanco como novo funcionario de carreira do Concello, en concreto para desempeñar o posto de celador no CEIP As Gándaras. No acto tamén participou a delegada da Área de Xestión Integral de Recursos Internos en funcións, Ana González Abelleira.
Miguel Fernández deu a benvida ao novo traballador municipal e desexoulle os maiores éxitos nesta nova etapa, na que pasará a formar parte do equipo que o Concello de Lugo ten asignado ao centro educativo. “Desexámosche moita sorte nesta nova etapa, estou seguro de que serás moi ben recibido pola comunidade educativa, coa que mantemos un diálogo permanente e que valorará sen dúbida esta incorporación”, sinalou o rexedor.


