Felicitou ao coronel Luis Germán Avilés Cabrera e desexoulle “sorte e acertos nesta nova etapa para contribuír a mellorar e apuntalar a seguridade dos e das lucenses”.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, participou esta mañá na toma de posesión do novo xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, o coronel Luis Germán Avilés Cabrera, a quen felicitou polo seu nomeamento, no transcurso do acto militar, presidido polo Xeneral do Corpo en Galicia, Miguel González Arias.
O rexedor municipal desexoulle “sorte nesta nova etapa e moitos acertos para contribuír a mellorar e apuntalar a seguridade dos e das lucenses na nosa provincia”, ao tempo que gabou “o labor e o traballo dun corpo que como o resto de forzas de seguridade do Estado está constituído ao servizo da sociedade, cun alto grao de compromiso e dedicación por parte dos seus axentes, claves na procura desa mellor convivencia e protección de lugueses e luguesas”.




