A alcaldesa destacou o gran coñecemento da Administración local deste funcionario con máis de 40 anos de servizo público.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presidiu a toma de posesión de Jesús Expósito López como novo Encargado de Mercados do Concello de Lugo, co que vense a reforzar á área de Participación e Servizos para a Veciñanza. A responsable desta concellería Cristina López asistiu á toma de posesión, acto que tamén contou coa presencia do concelleiro de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy.
A rexedora municipal destacou o gran coñecemento da Administración local de Jesús Expósito López, funcionario con máis de 40 anos de servizo público, o que lle converte nun dos traballadores máis experimentados do Concello de Lugo, do que sinalou “agardamos que siga aportando o seu traballo e compromiso”.



