Os traballos, de carácter preventivo e ordinario, precisan da intervención de mergulladores e de guindastres para retirar os refugallos.
Os labores obrigaron a cortar o tráfico entre as 15:30 e as 18:30 horas na ponte próxima á estación Potabilizadora, polo que o Concello habilitou tres accesos alternativos nas inmediacións.
- Tema

O Goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Protección Civil do Concello de Lugo procedeu este venres a limpar o leito do río Miño, en Adai, para retirar pólas e troncos de árbores que poidan obstaculizar a represa da Estación de Tratamento de Auga Potable durante os vindeiros meses.
Os traballos, que cada ano se realizan de forma ordinaria antes de rematar a época de estiaxe, precisaron da intervención de mergulladores asi -como a utilización de guindas- tres que se empregaron para o traslado dos refugallos localizados.
“A finalidade – segundo indican dende o Servizo de Protección Civil – é liberar a cunha fluvial de calquera obxecto, fundamentalmente restos de ramas e de vexetación que arrastran as choivas dende as ribeiras, para evitar que poidan ocasionar algún tipo de atoamento á ETAP, comprometendo o seu funcionamento, dende a que se regula o caudal necesario para abastecer de subministración á cidade”.
Para levar a cabo os labores, foi necesario cortar o tráfico na ponte municipal próxima á Potabilizadora entre as 15:30 e as 18:30 horas.