Prorrógase a asistencia xurídica en representación e defensa en xuízo ó Concello de Lugo

Ute Aristeia presta servizo de asistencia xurídica, representación e defensa en xuízo ó Concello de Lugo

Cualtis, S.L.U. será a empresa encargada de prestar o servizo de prevención alleo nas especialidades técnicas seguridade no traballo

Mércores, 07 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Prorrógase a asistencia xurídica en representación e defensa en xuízo ó Concello de Lugo

A Xunta de Goberno aproba a prórroga por un ano da contratación do servizo de colaboración co Concello de Lugo para a asistencia xurídica e representación e defensa en xuízo levada acabo por Ute Aristeia Abogados.

Esta contratación xustifícase debido á necesidade de dar apoio nos servizos xurídicos do concello de funcións de consultiva e contenciosa establecidas no Regulamento Interno de Organización Municipal do Concello.

A Xunta de Goberno Local tamén aproba hoxe a contratación dun servizo de prevención alleo nas especialidades técnicas seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada así como da vixilancia da saúde. Trátase dun contrato de servizos que ten por obxecto a prestación dun servizo de prevención de riscos laborais nas especialidades técnicas así como da vixilancia da saúde.

En virtude do acordo da Xunta de Goberno Local núm 28/452 propónselle adxudicar a contratación do servizo a empresa CUALTIS S.L.U cunha oferta de 27.603 € (máis IVE) para a parte técnica de e de 29.560 (máis IVE) para a vixilancia da saúde que suman un total de 67.177.

Audio

Noticias relacionadas