“A chegada de profesionais experimentadas como Alejandra reforza a calidade dun corpo policial que conta coa confianza e o respecto da cidadanía lucense”, subliñou a rexedora.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo inspector José Manuel Río Espiño, efectivizou esta mañá a toma de posesión de Alejandra Soto como nova integrante da Policía Local. A axente, que se incorpora á unidade de Policía de Barrio en permuta dende o Concello de Moaña, conta cunha ampla experiencia e un gran coñecemento da cidade.
Paula Alvarellos deu a benvida á nova axente destacando que "a chegada de profesionais experimentadas como Alejandra reforza a calidade dun corpo de policia que ten a confianza e o respecto da cidadanía lucense, grazas ao seu compromiso coa seguridade e a convivencia”.
Asemade, a rexedora destacou que “a Policía Local de Lugo é un corpo moi exposto, pero tremendamente valorado pola veciñanza, que sempre se alegra de ver aos seus axentes na rúa”. Deste xeito, a nova incorporación permitirá continuar fortalecendo o servizo en labores clave como a atención de proximidade e a mediación cidadá.



