Paula Alvarellos recibe a David Fiuza tralo anuncio da súa reincorporación

“Aínda que esperada, foi unha alegría cando recibín a túa comunicación, porque estou convencida de que a túa volta vai ser clave tanto para a Escola Municipal de Música como para a reactivación da nosa Banda”, confesoulle a rexedora ao director da formación.

Luns, 22 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe a David Fiuza tralo anuncio da súa reincorporación

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu na Casa do Concello ao director da Banda Municipal de Música, David Fiuza, quen lle comunicou formalmente a semana pasada a súa intención de reincorporarse ao cargo, a partir de setembro, tras o seu período de excedencia.

Durante o encontro, no que ambos abordaron diferentes aspectos de coordinación e planificación de cara a incorporación de Fiuza, Alvarellos expresou a súa satisfacción por “unha gran noticia para a cidade. Aínda que esperada, foi unha alegría cando recibín a túa comunicación, porque estou convencida de que a túa volta vai ser clave tanto para a Escola Municipal de Música como para a reactivación da nosa Banda”.

Multimedia

  • Paula Alvarellos recibe a David Fiuza tralo anuncio da súa reincorporación

Noticias relacionadas