Preto do 90% das incidencias comunicadas a través da aplicación de participación cidadá Liña Verde foron solucionadas

A veciñanza amosa ano tras ano unha boa acollida deste servizo, canle directa co Concello, e proba delo, é o uso continuo que fan do mesmo; favorecendo así as boas prácticas medioambientais

A tipoloxía das comunicacións recibidas, refírense, maioritariamente, a parques e xardíns, seguido de limpeza, recollida de lixo e sumidoiros

Venres, 19 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Preto do 90% das incidencias comunicadas a través do servizo Liña Verde, que emprega as novas tecnoloxías para a resolución de consultas medioambientias e a comunicación de calquera tipo de incidencias no equipamento urbán do municipio, foron solucionadas polo Concello dende a súa posta en marcha, no ano 2013. A veciñanza amosa ano tras ano unha boa acollida deste servizo, canle directa coa entidade local, e proba delo, é o uso continuo que fan do mesma; favorecendo así as boas prácticas medioambientais e, en consecuencia, axudando a un desenvolvemento sostible do municipio.

A tipoloxía das comunicacións recibidas, refírense, maioritariamente, a parques e xardíns, seguido de limpeza, recollida de lixo e sumidoiros.

Liña Verde é unha ferramenta que o Concello ten posto á disposición da cidadanía para difundir as boas prácticas ambientais e para fomentar a participación cidadá. Para poder utilizala é necesario proceder á súa descarga, gratuíta, en Google Play ou APP Store, en función da tecnoloxía empregada no teléfono móbil. 

Para comunicar unha incidencia, pínchase no botón de Nova incidencia. Un despregable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla. A persoa usuaria selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automatica, a APP detecta as coordeandas exactas nas que se ubica o desperfecto. O seguinte paso é adxuntan unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só quedar enviar. Unha vez enviada, persoal municipal recibe notificación comunicativa e inicia os trámites para dar solución á incidencia. O veciño ou veciña, á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma. A través de Liña Verde, a persoa usuaria tamén pode plantexar calquera consulta medioambiental.

Este servizo tamén está dispoñible a través da páxina web www.lineaverdelugo.com e pode accederse a el a través da web do Concello www.lugo.gal. Neste dominio, o usuario poderá facer consultas en materia de medio ambiente e tamén atopar unha ampla información sobre guía de boas prácticas, consellos ambientais e de aforro enerxético, reciclaxe, lexislación e recursos de educación ambiental, entre outros.

Noticias relacionadas