Preto de 30 equipos participarán no X Torneo Prebenxamíns de Fútbol Sala

Mércores, 29 de abril de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Salón de Actos do Concello de Lugo acolleu esta mañá a presentación do X Torneo de prebenxamíns Escola Terra de fútbol sala organizado pola Fundación Azkar xunto con Prone Lugo e a Escola de fútbol sala Terra e no cal colaboran a Concellería de Deportes do Concello de Lugo, o Colexio de Árbitros de Lugo, a Deputación Provincial e a Fundación Deporte Galego e que está patrocinado por Transportes Azkar, Coca-Cola e Asport21.

O Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, o Xerente da Fundación Azkar, Oscar Hermida, e o Director do Torneo, Diego Ríos foro no encargados de realizar a presentación deste torneo que se desenvolverá en seis sábados de seis fines de semana seguidos: o 9, 16, 23 e 30 de maio e o 13 de xuño.

Díaz Grandío mostrou a súa satisfacción por "presentar a décima edición, desta competición que naceu para promocionar a práctica do fútbol sala dende a infancia, e promover hábitos saudables entre a xuventude".

Este Torneo dispútano os nenos e nenas nados nos anos 2001, 2002 e 2003, e en total serán 28 os equipos que participen, oito máis que na pasada edición, polo que este ano o Torneo celebrarase en dúas instalacións: Centro Deportivo Terra e o pavillón do Palomar.

O Director do Torneo explicou brevemente como se desenvolverá o mesmo: "nesta edición o tempo de partido serán catro tempos de 10 minutos. Cada cuarto terá o seu resultado e o equipo que gañe cada cuarto sumará un punto. Deste xeito buscamos que os nenos compitan mellor e xoguen máis minutos".

Multimedia

Noticias relacionadas